lahaine.org
Galiza :: 16/12/2004

Mais sobre a marcha ao Carcere de Monterroso (Galiza)

Radio Kalimera
Nota de imprensa da Comision de Denuncia da Galiza. (mais informacion nesta mesma páxina de La Haine, clica aqui )

TORTURAS NUNCA MAIS- MARCHA CONTRA OS CÁRCERES
DIA 18 DECEMBRO 2004- CÁRCERE DE MONTERROSO - LUGO

O vindeiro día 18, a Comision de Denuncia da Galiza convoca, ás 12:00 da mañán na praza de España, en Lugo, unha concentración de denuncia das condicións nas que se atopan os/as presos/as nas cadeas galegas; para realizar despois às 13 h, unha marcha ata o cárcere de Monterroso.

O Informe do Relator da ONU para a erradicación da Tortura sinala ao Estado Español como un Estado que tortura nas comisarias e nas cadeas. Tamén nos cárceres galegos as torturas son habituais, así a Comisión de Denuncia da Galiza tenta facer visíbeis este tipo de condutas, xeralmente descoñecidas pola maioria da sociedade.

En Febreiro de 2004 o cidadán Madgare Rabay, preso no cárcere de Monteroso (Lugo) sufriu agresións e vexacións por parte de tres funcionarios desta cadea, un deles médico. Segundo relata o escrito de Acusación do Fiscal da Audiencia Provincial de Lugo: "sobor das 10:30 horas do día 18 de Febreiro de 2002, D. Madgare Rabay, que se atopaba interno no centro penitenciario de Monterroso (Lugo) cumprindo diversas condeas, dirixiuse á consulta médica do centro para solicitar o cambio da medicación que tiña pautada, o médico negouse e entón Madgare amosou unha cuchilla ameazando con autolesionarse. O médico avisou ó funcionario responsable e aos xefes de servizo, os cales ordearon a Madgare que lles entregase a cuchilla, o que Madgare fixo. Entón levarono a unha sala anexa o consultorio ordeandolle que se espise, o que éste fixo, e procederon a golpealo hasta que perdeu a consciencia. ó espertar Madgare observou como entraba na estancia o médico que o atendera anteriomente o cal tamén escomenzou a golpealo e a insultalo gravemente. Despois vestirono e levarono engrellado ás celas de illamento. Unha vez na cela volveron a ordearlle que se espise e volveron a golpealo ameazándoo sexualmente, exhibiron seus órganos sexuais e orinaron por riba del. Deixaron nese estado a Madgare e o médico acudiu varias horas despois, pregando o preso aistencia médica ó que se negau ameazandoo de morte si acudía á enfermería.

Por medo ás ameazas sofridas Madgare no se atreveu a solicitar asistencia médica ata que o día 25 de Febreiro unha médica do centro Penitenciario, observando a súa situación ordeou seu traslado urxente a un Centro Hospitalario. Foi trasladado ó Complexo Hospitalario Xeral Calde de Lugo. As feridas precisaron de 20 días para a súa curación".

Neste caso concreto , o sistema xudicial está a investigar o acaecido, os feitos serán obxecto de xuizo penal a celebrar na Audiencia Provincial de Lugo. Por desgraza, isto non é un caso aillado as torturas nos cárceres galegos son habituais: son moitas as denuncias interpostas por torturas na cadea de Teixeiro (A Coruña) especialmente desde 1999, tamén houbo denuncias por malos tratos, tramitadas xudicialmente, na cadea de Pereiro de Aguiar (Ourense), e tamén hai denuncias, en trámite, por malos tratos na cadea de A Lama (Pontevedra).

A sociedade esixe o respeto aos direitos humáns dentro das prisións.

A sociedade esixe que estas aberracións non se repitan NUNCA MAIS.

COMISION DE DENUNCIA DA GALIZA
Contactos.
666367847(fran-compostela)
982263098 (marisa- lugo)
676195334 (luis-ourense)

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal