lahaine.org
Galiza :: 01/12/2008

Imos saír á rúa para denunciar o crime que se está a cometer nas cadeas de Europa

Indymedia/Galiza
Concentraçom días 1,2,3 de decembro as 12:30 dlante do xulgado de vixiancia da Coruña.

Facémolo nestas datas como apoio l@s compañeir@s pres@s de todo o continente que denuncian que estas sociedades democráticas nosas están a lles quitar a vida. Hai quen mantén que existen clases de pres@s e pres@s con clase. Porén, non hai delitos políticos. O delito é política. O encerro masivo dun sector incómodo da poboación que segue a pasar desapercibido para algunh@s

e resulta proveitoso para outr@s está a acadar un grao de barbarie tal que non podemos máis que saír á rúa a berrar.

En Europa non existe a cadea perpetua... En Europa non existe a pena de morte... Levan anos anunciándonos o perigo: cada vez hai máis inseguridade na sociedade, cada vez hai máis vítimas.
Na Galiza temos actualmente 5.044 persoas presas. 73.255 no conxunto do Estado, a taxa máis alta de Europa.

No Estado español, unha persoa, por lei, pode estar 40 anos da súa vida pechada nunha cadea. Mesmo pode pasar en illamentotodo ese tempo, sen contacto con ningunha outra persoa agás @s carcereir@s.
O argumento que nos están dando para endurecer as penas é moi simple: a reincidencia. Velaquí a Europa da liberdade, a igualdade e a fraternidade que vela pola seguridade da súa cidadanía.
Así, grazas aos cárceres, podemos durmir tranquil@s. Coa conciencia, ademais, de que tomamos partido, de que non permitimos ningunha agresión.

Non no noso nome!

Pois no noso nome está a morrer xente de cárcere. Non nos enganemos: os cárceres non reinsertan. Nin sequera castigan. Os cárceres eliminan.

Hai persoas alí dentro.

Cativ@s que entran con 12 anos nun reformatorio e de aí saltan ao talego. Mulleres e homes que pasan MEDIA VIDA dentro e, cando saen, xa non hai vida para el@s.

E moit@s, ao saíren, por fin, aguantan un ano viv@s, porque o índice de contaxio de sida en prisión é alarmante. Teñen nome: Xosé, Carmen, Miguel, Diego, Susi, Antonio, Manuel...
E baten nel@s. E átan@s a un catre de ferro.
E métenlles bolsas na cabeza para @s torturar.
E beben auga contaminada.
E non lles conceden os permisos para saíren.
E, para falar con el@s, déixanche media hora a través dun locutorio no que non se escoita nada.
E traballan para Citröen, Codorniu, El Corte Inglés..., cobrando soldos de merda que non chegan nin a 150 euros ao mes por 40 horas semanais.
E, @s que teñen unha pensión non contributiva por mor dunha minusvalía, quítanlles a parte equivalente aos gastos de manutención, ou sexa, a metade da pensión.
E, se non se lembraron de quitarlla cando estaban dentro, ao saíren, resulta que teñen unha débeda co talego que ás veces chega aos 4.000 euros.
E, cando enferman, tardan meses en recibir asistencia.
E @s médic@s tamén lles pegan.
E medícan@s con psicofármacos, coma se fosen gominolas.
E suicídanse.
E son suicidad@s.
E morren no patio e @s carcereir@s tardan horas en se enterar.
E non hai ninguén do outro lado para @s escoitar.
E esta reincidencia, quen a vai xulgar?

Algunh@ de nós, mentes bempensantes que nos deitamos cada noite sabendo que á mañá seguinte podemos saír á rúa? Semella que non. Semella que as mortes, as torturas, os secuestros e as violacións que nos importan son as das vítimas que nos dita a televisión.

Maldita sexa! Non vale o argumento só para un lado. Non vale preocuparse de que morra unha nena salvaxemente torturada e non se preocupar de que o faga unha muller de 40 anos porque ningunh@ carcereir@, ningunh@ xuiz@, ningunh@ médic@ tivo a piedade de mandala ao hospital cando viron que
morría. Isto acontece todos os días e parece que, se non nolo contan os informativos, non ocorre.
Pero se estamos de acordo en que non se pode facer dano, sexamos ¡consecuentes!

O individuo non pode danar. Pero o individuo, amparado polo grupo, síntese ¡lexitimado a engaiolar, e o que pase despois, dentro do cárcere. xa non é asunto seu.

Pero, de onde sae o grupo? Acaso falamos @s unh@s co@s outr@s para nos poñer de acordo? Ou será máis ben que tod@s nós sentamos no noso salón particular a mirar a mesma tele?

E sí, encarceramos nós: ti e eu. Denunciando unha e outra vez que me roubaron o móbil, que me insultou o veciño, que me moveron o marco, que quero divorciar, que me raiaches o coche... Pero e que non podemos resolver os conflitos como seres adultos e autónomos, apelando, en primeiro lugar, á nosa capacidade de diálogo e, en segundo lugar -pero por iso non menos importnte-, aos nosos criterios éticos, en lugar de deixar en mans de policias, abogad@s, fiscais, xuiz@s, etc. canto problema co@ veciñ@ teñamos?

Todo o mundo coincide en que é un problema de difícil solución: sen a prisión, que facemos co@s pederastas, cos violadores, co@s asesin@s, co@s ladro@s?

Así que, mentres tanto, pasamos á publicidade. Non atopamos resposta, polo que deixamos que todo siga igual, non vaia ser que me maten, que me violen ou que me rouben.

Estamos segur@s de que é iso o que nos dá medo?

De que temos medo?

Comisión Denuncia Galiza

Ver fotos, cartel y noricia original completa

Especial movilización europea contra la cadena perpetua en La Haine>

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal