lahaine.org
Galiza :: 29/09/2010

A CNT de Compostela chama a participar activamente da folga xeral

CNT-Compostela
Chamamos a todos os traballadores e traballadoras de Compostela a acudir à manifestación convocada para às 12:30 na Praza Roxa.

Desde a CNT de Compostela chamamos a todos os traballadores e traballadoras a non acudir ao seu posto de traballo na xornada de folga xeral convocada para o dia de mañá. Mas chamamos a non ficar nese cómodo facto de non ir traballar. Chamamos a todos os traballadores e traballadoras de Compostela a acudir à manifestación convocada para às 12:30 na Praza Roxa. Chamamos a todos e todas a participar dos piquetes de feche de empresas, comércios e fábricar para garantir o noso direito de folga e impedir a indigna opción de garantir o direito ao traballo, é dicer, a esquirolaxe.

E chamamos a todos os traballadores e traballadoras a dar un paso adiante nas nosas vidas e enfrentar os embites do capital con dignidade. Chamamos a redobrar a militáncia desde as organizacións sindicais de clase que, como a CNT, son absolutamente independentes de calquer institución ou partido político. A nova reforma laboral que nos botou enriba o PSOE, coa connivénicia de UGT e CCOO, por muito folga xeral que eles queiran convocar, é a pior da "democracia", supón un atentado sen precedentes aos nosos direitos como clase traballadora, unha liberalización absoluta do que eles chaman "mercado de traballo", que ven sendo a nosa necesidade de vender a nosa forza de traballo para que a clase empresarial se faga rica. E ainda falta a reforma das pensións e o Pacto de Toledo.

Isto leva-nos a unha situación que será intolerábel para a clase traballadora. Na práctica, significa un retrotraemento a situacións decimonónicas. Mas a clase operária ten un pasado de luita dignísima que debe ser reactivado e posto ao dia hoxe mesmo. Para que non nos continuen a pisar, a explotar salvaxemente, é imprescindíbel a luita operária, articulada en sindicatos de clase, à marxe de partidos políticos que xa nos teñen demostrado tantas veces de que maneira nos venden, e posíbel enfrentar estes ataques aos nosos direitos, e aos que seguramente virán no futuro.

O 29 de Setembro Folga Xeral

Son moitos os motivos que as traballadoras e os traballadores temos para apoiar a greve do 29 de Setembro. Se as anteriores reformas laborais centraban-se en restar direitos aos traballador@s, esta procura a liberalización definitiva do mercado de traballo e o aumento de axudas por parte do Estado (que sairán d@s traballador@s, via impostos e retencións) para a clase empresarial.

Estes son os pontos fundamentáis da nova reformal:

1) Permisibilidade da contratación temporal irregular: deixan de ser relevantes as causas taxadas que permiten realizar contratos de obra, sempre que non se sobrepasen os límites temporais estabelecidos.

2) Facilita o despido, de xeito que lle salga igual de barato despedir a un/ha traballador/a indefinido/a que pagar unha miserable indemnización por fin de contrato.

3) Facilitación dos despidos colectivos: a empresa só terá que aportar unha “mínima razoabilidade” para proceder ao despido de traballador@s en masa. Ademáis, bastaralle con alegar perdas continuadas de beneficios, ou incluso previsión de perdas futuras, ainda que no momento dos despidos a empresa sega a obter as mesmas ganancias.

4) Abaratamento do despido: xeraliza-se o despido con indemnización de 33 dias de salário por ano de servizo cun máximo de 24 mensualidades.

5) Nos despidos obxectivos e colectivos, @ empresári@ só terá que pagar doce dias por ano de servizo até un máximo de doce mensualidades. Os outros oito pagará-os o FOGASA, o que implica que @s traballador@s teñamos que meter-nos nun proceso para exixir o indemnización debida.

6) Seremos @s traballador@s quen paguemos o noso próprio despido: irá-se-nos quitando periódicamente unha parte do salário (fondo de capitalización), que se nos “devolverá” en caso de despido, reducindo-se o que ten que aboar-nos @ empresári@ no mesmo número de dias que tiveramos acumulado nós para ese fondo.

7) Os convénios colectivos quedan en papel mollado: as empresas poderán “descolgar-se” do salário que estabeleza o convénio para o sector, cando a sua “estabilidade económica” poida ver-se danada.

8) As funcións do INEM serán compartidas con axéncias privadas de colocación, con ánimo de lucro.

9) Permítese a contratación a través de ETTs para actividades especialmente perigosas, antes proibidas.

10) Os convénios colectivos non poderán estabelecer limitacións á contratación a través de ETTs.

11) Aumentan as bonificacións do Estado aos empresários mentres @s traballador@s pagamos a crise co abaratamento do despido e do salário: bonificacións de até o 80% nas cotas da seguridade social en regulacións de emprego parciais (redución de xornada e salário d@s traballador@s); bonificacións empresariais á contratación indefinida; financiación a través do servizo público de emprego estatal (INEM) da formación teórica que deben asumir as empresas nos contratos para a formación, etc.

Os traballadores e as traballadoras vemos como cada dia perdemos calidade nas nosas condicións de vida e de traballo, como cada dia nos explotan máis e máis impunemente, e con medidas como os novos recortes sociais que xa nos impuxo o governo, e agora esta nova reforma laboral, o futuro semella poñer-se ainda máis.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/1053

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal