lahaine.org

compartir

                        

Dirección corta: http://lahaine.org/eT3x

Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf
  tamaño texto
Enviar por e-mail  enviar        Versión para imprimir  imprimir

traductor

27/08/2015 :: Galiza

Acto de despedida a Manolo Vilaboa

x Galiza Contrainfo
Compañeiras/os e amigas/os de Manolo Vilaboa organizan un acto de despedida este sábado ás 18 da tarde no miradoiro do parque forestal da Madroa

Compañeiras/os e amigas/os de Manolo Vilaboa organizan un acto de despedida este sábado ás 18 da tarde no miradoiro do parque forestal da Madroa

 

Lembrarán a súa vida de entrega e loita “pra nos despedir como ti querías”

 

 

O sábado 29 de agosto as compañeiras/os e amigas/os de Manolo Vilaboa Toucedo, falecido o pasado 13 de agosto, realizaremos un acto de despedida ás 18 da tarde no miradoiro do parque forestal da Madroa.

Manuel Vilaboa Toucedo foi desde moi novo un traballador combativo e consciente, activo loitador contra o franquismo. No ano 1951, en Barcelona, protagonizou unha folga de linotipistas, que o levou a pasar nove anos encarcerado na Modelo de Barcelona, e foi indultado por unha bula papal de Pio XII. Volvería pasar pola cadea dous meses máis en Vigo polas protestas de Ascón. Tamén foi parte da folga de Faro de Vigo, onde tamén traballou como linotipista. Habitual de todas as mobilizacións en defensa da xustiza social e da solidariedade, participou moi activamente das asembleas do 15M na Farola de Príncipe.

 

Neste encontro lembraremos a Manolo, con intervencións de compañeiras/os de loita, música, poesía, así como un micro aberto para aquelas persoas que queiran intervir.

Ao remate realizaremos un brinde na súa memoria, por toda a súa vida de entrega e loita.

Pedímosvos que partilledes o evento, difundades e que vos acheguedes até a Madroa o próximo sábado.

Contra o esquecemento.
Pra nos despedir como ti querías, Manolo.

 

 

compartir

                        

Dirección corta: http://lahaine.org/eT3x

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

©2017 by La Haine.

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal