Principal |
Nacionales Galiza :: 10/03/2020

[Video] 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega

CIG
10 de marzo es el Día de la clase obrera galega. Ese día de 1972 la policía española asesinó a dos trabajadores en Ferrol

Coñeces as orixes do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega? O 10 de marzo de 1972, unha ráfaga de ametralladora segaba en Ferrol as vidas de dous obreiros, Amador Rei e Daniel Niebla, e fería moitos outros por defenderen un convenio axeitado á realidade socio-económica galega, mentres rexeitaban o convenio que a nivel estatal lles querían impor.

A solidariedade de toda a clase traballadora galega non se fixo agardar,e Galiza enteira sentiuse tamén ametrallada. Foi un punto de inflexión histórico.

O sindicalismo nacionalista celebra o 10 de marzo como símbolo emblemático do movemento obreiro galego, xunguindo as nosas reivindicacións de clase e a aspiración á soberanía nacional, traballando no día a día na construción dun marco galego de relacións laborais.

Desde a CIG, que concretiza as arelas que detonaron en 1972, adicamos todos os esforzos para honrar aquelas loitas como se merecen, mediante un modelo sindical combativo, participativo e cos pés na nosa terra, e hoxe, como primeira forza sindical do noso paí

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/fQ9j