Principal |
Galiza :: 03/04/2020

[Galego[ E agora, qué?

Lume Escuro

Curioso ver como nestas semanas, os medios progresistas mencionan a palabra capitalismo nas súas novas. Curioso que mencionan esa palabra simplemente nos momentos de crise. Tamén me parece curioso que a "esquerda", que normalmente presume de ser máis crítica, simplemente faga alabanzas ás medidas tomadas polo goberno. Non foi así cando o PP trouxo a unha enfermeira con ébola. Todo eran críticas a pedir dimisións.. a que sí Ferreras?
Total só levamos máis de 10.000 MORTES DE PERSOAS. NON SON SIMPLES NÚMEROS. PERSOAS. Familias destrozadas. E non son os recortes do PP únicamente os culpables, por moito que os mass media se encarguen de dicir isto día tras día. Sabedes que partido gobernou máis anos dende que existe isto ao que chaman democracia? Pista: non é o PP. Tamén me parece curioso que estes medios criminalizan a Torra e o culpabilizan das mortes en Catalunya. Nas demáis CCAA parece ser que non ten culpa ninguén. Ninguén do PSOE claro...
Logo ainda haberá quen se sorprenda coa subida da extrema dereita. Cando te vas de progresista e aplicas medidas que precisamente se enmarcan dentro da dereita máis rancia, a xente escolle o orixinal...


O peor de todo sen dúbida que son as MORTES provocadas pola xestión destes gobernos que levan anos mantendo o poder establecido por un tan Franco. E non é culpa do PP nada máis, que tamén. CCCAA con gobernos do PSOE parece ser que o fan todas moi ben e non teñen culpa de nada. Cando hai outro partido gobernando a cousa cambia... xente que se autodenomina progresista defendendo a presencia das FFAA nas rúas.. xustificando o control masivo a través dos dispositivos dixitais, restando importancia á mala xestión do Goberno.. e, repito, haberá quen se atreva a dicir que se sorprende co auxe do fascismo (JA!). Se fai uns meses China era unha ditadura polas políticas que aplicaba, agora esa mesma xente xa non é que vexa con bos ollos esas medidas, senón que ata piden ao goberno que as leve a cabo.. Non sei como non se vos cae a cara de vergoña...
Por SORTE, neste Estado existen miles e miles de persoas que intentan axudar no que poden: redes de apoio mútuo para axudar a quen máis o precisa, persoas fabricando mascarillas caseiras sen parar, folgas de alugueiros promovidas por sindicatos de inquilinas, xente que fai a compra de comida e medicamentos para quen o precise.

Por certo, Fernando Simón foi o portavoz do comité creado por Ana Mato cando foi a "crise" do ébola. E vai entrecomillado porque se iso foi unha crise, sen provocar ningunha morte, como lle chamamos a isto?

E non quero dicir con isto que o PP o faría mellor. Esa banda criminal sería capaz de ter ainda traballando a sectores non esenciais. A miña pregunta é: se todas estas medidas que levou e esta levando a cabo o PSOE as fixera o PP, a que esa xente que se autodenomina progresista estaría pedindo dimisións e as críticas sairían ata debaixo das pedras? Pois iso é unha das cousas que máis me preocupa. A crítica progresista brilla pola súa ausencia. E cando aplicas políticas de dereitas pero vas de esquerdas, a xente escolle o orixinal e non a copia. Sen autocrítica a dereira avanza a pasos axigantados, e por desgracia, na miña opinión,xente que se sitúa con valores progresistas, ten ben asimilados moitos valores da dereita. O mellor exemplo? A autocrítica: inexistente.
Fernando Simón fai uns meses dixo que era pouco probable que tiveramos moitos casos. En fin... É o momento de reflexionar, temos tempo para facelo. O capitalismo está nunha das súas maiores crise, pero o sistema este funciona así, con crises cíclicas. É o momento de derrubalo, non de reformalo. Para comezar, por exemplo, podemos seguir algún dos consellos de Carlos Taibo: 
https://www.cnt.es/noticias/ante-la-pandemia-represiva-un-borrador-de-tareas-modestas-y-asequibles-para-anarquists-libertaris-y-afines/

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/fR5F