Principal |
Nacionales Galiza :: 10/08/2022

Riazor Blues contra la decisión del Deportivo de la Coruña de invitar a equipo de nazis ucranianos

Riazor Blues

Este próximo sábado, o R.C. Deportivo e o concello da Coruña usarán o Trofeo Teresa Herrera para fomentaren unha hipócrita ligazón co pobo ucraíno. A nosa casa recibirá a visita dun equipo coñecido pola fama neonazi da súa afección, con grupos paramilitares que participan activamente no Batallón Azov. Por ese motivo, anunciamos que NON ENTRAREMOS en Riazor como sinal de protesta.

Lamentamos a situación da poboación civil que tivo que fuxir da súa terra, mais consideramos que este partido segue a mesma liña política que xa vimos anteriormente desde as institucións.

Trátase dunha solidariedade moi selectiva, que ignora as vítimas doutros puntos do planeta e apoia réximes militares de carácter neonazi, con masacres e atrocidades ás súas costas desde 2014.

Nós, pola nosa parte, non esquecemos as vítimas do Donbass e expresaremos unha vez máis a nosa solidariedade antifascista con ese territorio.

Alén disto, a fila 0 irá destinada a unha asociación que nas últimas semanas procurou a censura dunha actuación musical na Coruña. Este colectivo, encargado de perseguir a liberdade de expresión, non merece ningún tipo de apoio nin axuda económica.

Consideramos tamén unha verdadeira vergoña que o noso club e o noso concello non aproveiten este trofeo para habilitaren unha colaboración económica coas localidades galegas máis afectadas polos incendios. Este verán, esta mos a sufrir unha vaga de lumes que deixaron imaxes desoladoras, con familias que viron arder o seu fogar.

Desde aquí, anunciamos que trataremos de establecer unha rede de apoio para esas familias, tanto a nivel económico como material.

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/gB6U