Principal |
Galiza :: 19/10/2011

Dez razóns que evidencian o fracaso do operativo anti-incendios

ERVA
A política de austeridade de Feijoo aplicada ao operativo anti-incendios, unha nova neglixéncia temerária

NOTA DE PRENSA

ón deficiente e mal planificada. Unha boa planificación dos labores preventivos permite abordar con maior eficacia situacións meteorolóxicas de seca prolongada que poden dar lugar á aparición de grandes lumes no monte. Nestas circunstáncias, unha boa planificación da prevención permite abordar actuacións máis eficientes (presenza de menos combustible no monte, maior facilidade para o tránsito de medios e a aplicación de contralumes, etc). En periodos de seca, a limitación da operatividade dos medios aereos é maior. Algúns encoros deixan de ser operativos ao estar por baixo do nivel óptimo de auga, o cal dificulta os labores dos avións anfíbios. Por outro lado, os puntos de agua ao secar reducen a eficacia dos helicópteros ao incrementar a cadencia de descargas. Isto xustifica a importancia dunha prevención no proprio monte que optimice as operacións desde terra.

Recortes. Parteuse neste ano 2011 dunha planificación que recortou de forma significativa o investimento en labores preventivos e tamén en medios humanos e materiais de extinción, con respecto ao ano 2010.

Novos recortes. Unha vez iniciada a temporada, e tras comprobarse que as condicións climáticas serían extremas, renunciouse novamente a redireccionar o orzamento preciso para manter un operativo xa minguado, con medios proprios específicamente preparados para a abordaxe de situacións complicadas (recortes de persoal nas casetas de vixilancia das cimas dos montes, co cal o operativo ficou cego en amplas áreas do territorio; recortes en condutores de motobombas, que fican paradas; recortes en palas bulldozer e, finalmente, recortes en medios aereos).

Deficiente coordenación do operativo desde a base central de Santiago. Falta de información sobre situación real e conseguinte ralentización na toma de decisións. O recorte de medios da lugar a situacións repetitivas –focos apagados que se reinician- que obrigan unha e outra vez a destinar os poucos medios existentes aos novos focos. Pequenos lumes de dez hectareas ou menos contan só cunha cuadrilla e unha motobomba que non dan aplacado as chamas. A aparición de múltiples focos e a sua propagación da lugar á saturación de fume en orografías que, coa presente meteoroloxía, propician unha atmosfera cargada que reduce a visibilidade nas casetas de vixilancia –xa mermadas polos recortes-, e nos medios aereos, coa conseguinte deficiencia de información, multiplicación das comunicacións por emisora e ralentización na coordenación de medios e toma de decisións.

Medios humanos desestruturados. A realidade salarial do operativo no referido ás guardias e ao plus de horas traballadas descubre un claro agravio comparativo entre o colectivo de brigadistas, condutores e axentes forestais, frente ao corpo de enxeñeiros forestais da Administración. Estes últimos cobran a maiores do seu salário mensual un plus de 100 ou 200 euros dependendo de se as guardias se fan en dias laborábeis ou en festivos, frente á inexistencia na prática de compensacións por este motivo no resto de traballadores do operativo. Isto denota unha clara concepción vertical, xerárquica e clasista do operativo anti-incendios no referido aos medios humanos, o cal se traslada ao modus operandi en situacións de alarma de incendios, xerando desánimo e desgana. Este colectivo de enxeñeiros, habitualmente foráneo e descoñecedor da realidade socioeconómica do monte galego, evidencia un claro desapego ao territorio onde realiza o seu traballo. En fontes do operativo de extinción, considerase que o colectivo de enxeñeiros forestais é beneficiario da economía do lume.

Falta de transparencia cara á sociedade na asignación dos orzamentos para medios aereos e na negociación de contratos coas empresas que os fletan. Recorte dos medios aereos de alta, media e baixa capacidade.

Extincións inseguras e inacabadas. A utilización de palas bulldozer para cercar o perímetro dos incendios e impedir así o reinicio do lume e a sua propagación ao entorno exterior faise arbitrariamente por carecer dos medios suficientes. Isto permite a reprodución de numerosos lumes e a constante necesidade de destinar medios para sofocar incendios que, noutras circunstáncias, se terían extinguido definitivamente.

Ocultación de recortes e utilización da UME como excusa. A presenza e labor da Unidade Militar de Emerxencias, non é máis que un parapeto da Xunta para ocultar a sua renuncia prévia de proveer os medios materiais e humanos específicos suficientes para enfrontar situacións de alarma. Esta renúncia pretende trasladar a esta unidade unha responsabilidade que tan só pode exercer un corpo profesionalizado e dotado de medios. A UME é un corpo militar que carece da preparación necesaria para o combate do lume. Nun incendio de grandes dimensións non está integrada no operativo de combate, converténdose en numerosas ocasións nun estorbo ao desenvolver paralelamente outro plan de extinción diferente ao deseñado polos profisionais. A sua utilización tan só é unha escenificación mediática que reviste unha absoluta limitación no plano do combate efectivo do lume.

Falta de sensibilidade co património natural protexido. Respecto a casuísticas particulares, estes recortes levan novamente á aparición de grandes incendios, superiores a 1000 has., en espazos naturais protexidos tan emblemáticos das nosas montañas como as serras do Xurés en Lobios e Muiños ou de Queixa en Manzaneda, áreas nas que son recurrentes os lumes asociados a intereses gandeiros ou cinexéticos nestas datas. No primeiro caso, a dia 16, van queimadas case 2000 has., afectando especialmente ás zonas altas da serra do Xurés desde Requiás e Guntumil ata o Val das Sombras. A orixe dos máis de cinco focos que se xuntaron xerando este gran incendio pode situarse en intereses gandeiros para a criación de pastos, por un lado, e en intereses de cazadores furtivos, por querer aproveitar os cortes do terreno abertos polas palas desbrozadoras na extinción do lume como accesos a zonas de caza no futuro. Isto exemplifica, unha vez máis, a relación entre incendios e caza, transparentando a necesidade de dotar de transversalidade ás políticas de caza e conservación da biodiversidade, por un lado, e de prevención e combate dos incendios, polo outro. No referido ao incendio de Manzaneda, unha vez máis demóstrase que a falta na provisión de medios humanos e materiais fai que calquer operativo se desborde amplamente e se produzan incendios devastadores en áreas pouco accesíbeis e de enorme valor ecolóxico. Resulta especialmente dramático comprobar cómo unha vez máis un pequeno lume adquire proporcións dantescas (máis de 2000 has. a dia de hoxe) por terse desatendido nun primeiro momento, a pesar de iniciarse dentro dun espazo protexido ou nas suas inmediacións, e afectar zonas de turbeiras de alto valor e de complexa extinción. As áreas queimadas son de enorme valor ecolóxico, como reservórios de habitats de interese prioritário e de especies de fauna ameazadas (Perdiz Charrela, Águia Real) e, agora mesmo, corren perigo as zonas próximas do Parque Natural do Invernadeiro.

Investigación sen critérios. O desmantelamento das brigadas de investigación de incendios forestais formadas por axentes forestais e a realización deste labor exclusivamente por persoal da Policía Autonómica e da Guardia Civil, priva á investigación da necesária formación específica sobre coñecemento do medio forestal, das casuísticas de incendios, das dinámicas de propagación e da implementación dos operativos de extinción e vixilancia en relación á orixe dos focos. Por tanto, a Consellería do Medio Rural non aplica nengunha metodoloxía ou protocolo para poder atribuir unha causa a cada incendio, ao non existir unha investigación rigorosa dos mesmos. Consecuentemente, esta consellería só contempla o labor de investigación como un dispositivo represor, carente de elementos básicos de enfoque que permitan rendibilizar e efectivizar o seu traballo, co cal se convirte nunha escenificación mediática que só serve para inspirar aos delincuentes a seguir actuando, campando ás suas anchas nos montes con total impunidade. As cifras actuais de detencións son na sua abrumadora maioría derivadas de incendios por imprudencias, en lugar de responder a incendios dolosos. Neste contexto, cómo se pode redactar un plan de prevención se non se coñecen as verdadeiras causas que provocan o lume?

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/bB9K