Principal |
Nacionales Galiza :: 01/09/2012

[Gal/Cast] Concentración no INEM de Compostela

CNT Galiza
CNT de Compostela realizó en compañía de la CUT, una concentración a las puertas de la oficina del INEN de la calle Ramón Piñeiro de Compostela

Galego

A CNT de Compostela realizou , en compañía da CUT, unha concentración nas portas da oficina do INEM da rúa Ramón Piñeiro de Compostela, en protesta pola nova política do PP en materia de emprego e de prestacións, que nos leva a un paro indefinido e sistémico e á eliminación de todas as prestacións por desemprego, que son nosas e cuxa falta nos levará á miseria máis absoluta.

Castellano

La CNT de Compostela realizó esta mañana, en compañía de la CUT, una concentración a las puertas de la oficina del INEN de la calle Ramón Piñeiro de Compostela, en protesta por la nueva política del PP en materia de empleo y de prestaciones, que nos lleva a un paro indefinido y sistémico y a la eliminación de todas las prestaciones por deseempleo, que son nuestras y cuya falta nos llevará a la miseria más absoluta.

Texto de la hoja repartida en galego

Estás parado? Entón, a sociedade non te necesita: desaparece.

Soa raro? Pois isto é o que sae da boca dos nosos gobernantes, políticos e empresarios día tras día, machucándonos o cerebro, tentando destruír a nosa dignidade como traballador@s e como persoas. @s traballador@s que onte mesmo estabamos a proporcionar riqueza e beneficios a esgalla para as empresas, hoxe, unha vez despedid@s, somos desprezados como algo inútil, "un problema" para a economía do país. Dinnos que xa non volveremos ter traballo, e se o conseguimos, será traballando o dobre de horas pola metade do soldo. Onde imos? É que xa non hai sitio para nós?

Dinnos no INEM que o traballo do parado é conseguir traballo, non? Vale, pois imos facelo, pero non como eles queren, mendigando un contrato, senón de verdade. Imos pedirlles a eses políticos que gañan máis de 5.000 euros ao mes que nos busquen traballo. E ímosllo a lembrar de día e de noite, até domingos e festivos.

Cursos inútiles? Non, o que queremos é un traballo digno. Vaiamos aos seus ministerios e aos seus despachos, á porta das súas casas, a pornos diante dos seus luxosos coches oficiais para dicirlles que estamos fartos, que temos dereito a traballar e que temos forza para esixilo. Non imos aguantar esta situación mentres os ricos gañan diñeiro e aos parados escatímasenos un miserable subsidio.
Sós, dun en un, non somos nada, un número nas suas fichas e nada máis. Pero xuntos, temos forza; imos demostrar que non somos inútiles, que non sobramos.

REPARTICIÓN DO TRABALLO

- Redución da xornada laboral semanal a 30 horas, sen redución salarial.
- Prohibición do pluriemprego e das horas extraordinarias.
- Cesamento das prácticas gratuítas e similares nas empresas: todo traballo debe ser remunerado dignamente.
- Fixación da idade de xubilación aos 55 anos e prohibición da permanencia no posto de traballo unha vez superada esa idade.
- Aumento do período de vacacións a 31 días laborables anuais e do permiso de maternidade-paternidade aos 3 primeiros anos.
REPARTICIÓN DA RIQUEZA
- Aumento da cobertura da prestación por desemprego. Tanto en período de cobertura como na contía da prestación.
- Cobertura universal dos traballadores e traballadoras en paro, que esgoten a súa prestación ou non teñan dereito a ela, mediante un ingreso que lle permita satisfacer as súas necesidades básicas.
- Emprego público rotatorio para os parados de longa duración e un verdadeiro cambio na repartición do gasto público para cubrir as necesidades sociais básicas de todas as persoas.
- Eliminación do negocio da "formación para o emprego" do que se benefician "sindicatos" e empresarios, destinando os recursos ao sistema público de formación profesional.
- Eliminación dos contratos precarios de formación e prácticas, fomento do emprego, contratos temporais e precarios.
Se estas propostas parécenche válidas, acode aos sindicatos da CNT para loitar por elas. O silencio é nosa peor condena. @s traballador@s en paro temos que saír á rúa, temos que converternos nun problema de verdade para que se arranxe a nosa situación. Se quedamos en casa, se nos lamentamos da nosa mala sorte, entón estamos a facer o que eles queren, que é non vernos, non escoitarnos, non sentir que estamos aí. Pois entón, que nos vexan! que nos teñan presentes todos os días!

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/dK0H