Principal |
Galiza :: 18/07/2013

Recebimentos a presas e preso político galego na Corunha e Vigo

Comité de Solidariedade

Para o vindeiro sábado 20 de xullo a partir das 18:00 H, o COMITÉ DE SOLIDARIEDADE está a organizar o acto recibimento ao o ex-preso político dos GRAPO Suso Cela Seone.

O noso Susiño saíu en liberdade o pasado día 13 logo de permanecer 23 anos en prisión, os 5 últimos secuestrado en función da "enxeñería xurídica" deseñada na Audiencia Nacional por encargo do Ministerio do Interior do Réxime. Situación na que aínda se atopan, entre outros, os vigueses Xaime Simón Quintela (28 anos ininterrompidos) e Olga Oliveira (23 anos), ambos vítimas do terrorismo do Estado vía "Doutrina Parot".

Para o Recibimento esperamos contar coa presencia de diferentes Colectivos pro-Amnistía e pro-persoas presas da cidade, amais dunha representación do Socorro Roxo Internacional vigués e de numerosos amigos e solidarios chegados de diferentes puntos da xeografía galega e estatal. A Xornada comezará as 18:00 horas cun acto político no que haberá diferentes intervencións. A continuación, sempre tomando como referencia o Bar Faluya na rúa do Orzán 75 da Coruña, o COMITÉ organizará unha cea informal a base de pinchos. Como remate á xornada, tamén haberá unha breve actuación musical a cargo duns amigos do COMITÉ, solidarios cos presos e presas e simpatizantes da causa en prol da Amnistía.

BENVIDO SUSO CELA!!

20 DE XULLO ÁS 18:00 H NO BAR FALUYA!!

TODOS E TODAS COS PRESOS E PRESAS!!

AMNISTÍA TOTAL!!

COMITÉ DE SOLIDARIEDADE


Benvidas Aurora e Iolanda!!

Tal e como estaba previsto, Aurora Cayetano e Iolanda Fernández abandonaron hoxe as cadeas de Villena e Castellón respectivamente tras cumprir integramente as condenas de 11 anos que lles foron impostas por militar no PCE(r). Familiares, amigos e solidarios de Madrid, Galiza e o propio País Valenciano recibiron calorosamente a estas dúas mulleres ás portas destas prisións e arestora xa están ambas as dúas camiño de casa, se ben Iolanda permanecerá aínda uns días en Madrid.

A estas novas liberacións de comunistas galegas do PCE(r) súmase á do exmilitante dos GRAPO Suso Cela, posto recentemente en liberdade e para quen este COMITÉ DE SOLIDARIEDADE está a preparar un recibimento para o vindeiro sábado 20 de xullo . Proximamente informaremos acerca dos actos de Recibimento que se lle farán na Coruña e Vigo a estas dúas militantes comunistas.

Benvidas Iolanda e Aurora!!

mos todas!!

Amnistía total!!

COMITE DE SOLIDARIEDADE

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/dV0Z