Principal ImprimirImprimir | Volver al artículo
30/06/2014 :: Nacionales Galiza

[Gal/Cast] Non ao fascismo na Ucraína! Non pasarán!

x Mar de Lumes
Militantes antifascistas y antiimperialistas denunciamos en Ponte Vedra la agresión fascista y criminal en Ucrania

Galego

Na Ucraína están a ser violados todos os limites da lóxica política após unha revolución que non era tal, a mudanza dun goberno pola forza, unha persecución sádica e criminal de calquera opositor e das minorías, e o uso de calquera medio — incluído os bombardeamentos con fósforo branco sobre poboación civil — para castigar as novas repúblicas populares que se teñen formado como única maneira de sobrevivir ao avanzo do fascismo. E todo financiado, xa ninguén o nega, pola UE e polos Estados Unidos.

O último episodio, vivido onte mesmo, 27 de xuño de 2014, marca o punto de non retorno na deriva criminal da UE: porque onte, após meses de violencia neonazi, Durão Barroso e van Rompuy asinaban con Petro Poroshenko — o actual presidente títere na Ucraína — un acordo de libre comercio preferente que, en pouco tempo, pode terminar introducindo o país eslavo na UE. O imperialismo dá, desta maneira, máis un paso: xa non derruba gobernos lonxe de sí, senón que pasa xa á fase de os integrar nas súas estruturas oligárquicas centrais.

Contra esta evolución, contra os crimes fascistas na Ucraína e contra a agresión ininterrompida ás Repúblicas Populares de Donetsk e Lugansk, desde Mar de Lumes organizamos unha xornada antifascista que tiña como obxectivo non só visibilizar a situación, senón tamén explicala e, en todo caso, enviar a nosa solidariedade desde a Galiza para quen sofre a persecución deste novo surto fascista e paramilitar. Militantes antifascistas e antiimperialistas e simpatizantes denunciamos en Pontevedra esta situación cunha concentración pública, realizamos un xantar de confraternidade en Moaña e asistimos a unha palestra sobre a situación actual, as súas orixes e as súas derivadas no complexo taboleiro da xeoestratexia nesa parte do mundo. A conclusión á que chegamos non podía ser outra:

Non ao fascismo na Ucraína!
Non pasarán!


Castellano

En Ucrania están siendo violados todos los límites de la lógica política después de una revolución que no era tal, el cambio de un gobierno por la fuerza, una persecución sádica y criminal de cualquier opositor y de las minorías, y el uso de cualquier medio -incluido los bombardeos con fósforo blanco sobre población civil - para castigar a las nuevas repúblicas populares que se han formado como única manera de sobrevivir al avance del fascismo. Y todo financiado, ya nadie lo niega, por la UE y por los Estados Unidos.

El último episodio, vivido ayer mismo, 27 de junio de 2014, marca el punto de no retorno en la deriva criminal de la UE: porque ayer, después de meses de violencia neonazi, Durao Barroso y Van Rompuy firmaban con Pedro Poroshenko -el actual p residente títeres en Ucrania -un acuerdo de libre comercio preferente que, en poco tiempo, puede terminar introduciendo al país eslavo en la UE. El imperialismo da, de esta manera, un paso más: ya no derriba gobiernos lejos de sí, sino que pasa a la fase de integrarlos en sus estructuras oligárquicas centrales.

Contra esta evolución, contra los crímenes fascistas en Ucrania y contra la agresión ininterrumpida a las Repúblicas Populares de Donetsk y Lugansk, desde Mar de Lumes organizamos una jornada antifascista que tenía como objetivo no sólo visibilizar la situación, sino también explicarla y, en todo caso, enviar nuestra solidaridad desde Galiza para quien sufre la persecución de esta nueva acción fascista y paramilitar. Militantes antifascistas y antiimperialistas y simpatizantes denunciamos en Pontevedra esta situación con una concentración pública, realizamos una comida de confraternidad en Moaña y asistimos a una conferencia sobre la situación actual, sus orígenes y sus derivas en el complejo tablero de la geoestrategia en esa parte del mundo. La conclusión a la que llegamos no podía ser otra:

No al fascismo en Ucrania!
No pasarán!

 

https://galiza.lahaine.org/gal-cast-non-ao-fascismo-na-ucraina-non