Principal |
Nacionales Galiza :: 08/11/2014

[Gal/Cast] Aarom Curbeira : 'Com as detençons querem amedrontar o estudantado'

Sermos Galiza
“Por el momento no hay una petición formal pero de prosperar algunos delitos podría darse la petición de prisión”

Galego

Aaron Curbeira foi un dos estudantes detidos após o protesto decorrido na Facultade de Matemáticas en que un grupo de alumn@s apuparon o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, obrigando a cancelar a súa ponencia nun ciclo de conferencias organizado pola USC. Dúas semanas despois dos acontecementos ocorridos o 23 de outubro, Aaron, integrante da organización estudantil Agir, foi detido na súa facultade por axentes da policía española. "Xa me estaban vixiando á porta da casa", explica en conversa con Sermos Galiza.
"Retiráronme o documento de identidade e o teléfono e metéronme nun vehículo", acrecenta.

Fotografías da imprensa como probas

Durante ese tempo non lle foron explicadas as razóns da súa detención, afirma, que lle serían indicadas unha vez chegou a comisaría. Após varias horas detido pasou a disposición xudicial xunto con M.A, outro estudante.

Xa nos xulgados de Fontiñas (Compostela), Aaron coñeceu os cargos dos que é acusado. Un presunto delito de "atentado á autoridade, altercado e desobediencia" en base, subliña, "ás fotografías publicadas" nun coñecido diario local compostelán "no que se ve a disputa cos garda-costas de Feijóo".

Durante a vista co xuíz, Aaron Curbeira estivo asistido por unha avogada de oficio e, até o momento, descoñece cal será a sanción que lle pida a Fiscalía.
Aínda así, algúns medios de comunicación, como VTelevisión, aseguran que o fiscal pedirá penas de prisión. "Polo de agora non hai unha petición formal mais de prosperaren algúns dos delitos podería darse a petición de prisión", sinala con prudencia á espera de se reunir xa coa persoa que levará a súa defensa formalmente.

 

Unha "estratexia para desmobilizar"

Após o acontecido, Curbeira asegura que as detencións --á que se sumou esta sexta feira (7 de novembro) a dun outro estudante xa posto en liberdade con cargos-- "enmárcanse na estratexia de desmobilización do estudantado e da mocidade combativa". "Queren amedrentar", di, nomeadamente "a aquel estudantado que fixo parte do protesto e non está organizado".

A respeito do uso de fotografías difundidas pola imprensa para xustificaren as acusacións policiais, Aaron amósase certo de que "é un papel que xogan algúns medios de comunicación" cuxas informacións, afirma, "queren manipular a opinión pública falando primeiro de estudantes e logo de radicales independentistas, por exemplo". Este feito, xa foi empregado nas detencións a seis estudantes compostelás enmarcadas nos protestos da frota do cerco ás portas do Parlamento.

Así as cousas, salienta, "no meu caso isto o que me fai é seguir, sobre todo pola solidariedade que se me trasladou nestes días por parte doutras organizacións e de persoas individuais". Segundo Curbeira, "nótase un cambio, aínda que sexa pequeno, na sociedade" que ve con outros ollos "casos de represión" coma este.ç

O procedemento xudicial continúa o seu curso e podería demorar por volta dun mes até se coñeceren as acusacións formais da Fiscalía.

 
 Castellano

 Aarom Curbeira fue uno de los estudiantes detenidos después de la protesta desarrollada en la Facultad de Matemáticas en que un grupo de alumn@s abuchearon al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, obligando a cancelar su ponencia en un ciclo de conferencias organizado por la USC. Dos semanas después de los acontecimientos ocurridos el 23 de octubre. Aarom, integrante de la organización estudiantil Agir, fue detenido en su facultad por agentes de la policía española “Ya me estaban vigilanndo a la puerta de casa”, añade.

Fotografías de la prensa como pruebas

Durante ese tiempo no le fueron explicadas las razones de su detención, afirma, que le serían indicadas una vez llega a comisaría. Después de varias horas detenido pasó a disposición judicial junto con M.A., outro estudiante.

Ya en los juzgados de Fontiñas (Compostela), Aaron conoció los cargos de los que es acusado. Un presunto delito de “atentando a la autoridad, altercado y desobediencia” en base, subraya, “a fotografías publicadas”, en un conocido diario local compostelano “en que se ve la disputa con los guardaespaldas de Feijóo”.

Durante la vista con el juez, Aaron Curbeira estuvo asistida por una abogada de oficio y, hasta el momento, desconoce cual será la sanción que le pida la Fiscalía. Aún así, algunos medios de comunicación, como Vtelevisión, aseguran que el fiscal pedirá penas de prisión. “Por el momento no hay una petición formal pero de prosperar algunos delitos podría darse la petición de prisión”, señala con prudencia a la espera de reunirse con la persona que llevará su defensa formalmente.

Una “estrategia para desmovilizar”

Después de los sucedido. Curbeira asegura que las detenciones –a la que se sumó este viernes (7 de noviembre) la de otro estudiante ya puesto en libertad con cargos-- “se enmarca en la estrategia de desmovilización del estudiantado y de la juventud combativa”. “Quieren amedrentar” dice sobre todo a “aquel estudiantado que formó parte de la protesta y no está organizado”.

Al respecto del uso de fotografías difundidas por la prensa para justificar las acusaciones policiales. Aaron, cree con toda la certeza que “es un papel que juegan algunos medios de comunicación” cuyas informaciones, afirma, “quieren manipular la opinión pública hablando primero de estudiantes y luego de radicales independentistas, por ejemplo”. Este hecho, ya fue empleado en las detenciones a seis estudiantes compostelanas enmarcadas en las protestas de la flota de cerco delante del Parlamento.

Así las cosas, subraya “en mi caso esto es lo que me hace seguir, sobre todo por la solidaridad que se me hizo llegar en estos días por parte de otras organizaciones y de personas individuales”. Según Curbeira, “se nota un cambio, aún que sea pequeño, en la sociedad” que ve con otros ojos “casos de represión” como este.

El procedimiento judicial continúa su curso y podría retrasarse alrededor de un mes hasta conocer las acusaciones formales de la Fiscalía.

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/eL9c