Principal |
Galiza :: 09/08/2005

Con Reboiras APRENDEMOS, ORGANIZAMOS, LOITAMOS

Adiante

O 12 de agosto de 1975 caía en combate, cubrindo a fuxida dun/has camaradas, o mozo patriota Xosé Ramón Reboiras Noia: o Moncho Reboiras, militante destacado da UPG-Histórica. As balas da policía fascista sabían ben a quen apuntaban, a un dos alicerces da nova vangarda do proletariado dunha Galiza que se negaba a desaparecer.

Morreu con tan só 25 anos, pero malia a súa xuventude deixou un grande legado no medre, na consolidación e no desenvolvemento do noso Movemento Galego de Liberación Nacional ou Movemento Nacional-Popular, imprimindo a súa pegada obreira e revolucionaria no artellameto das distintas frentes de loita (a política, a sindical, a cultural, mesmo o destacamento armado do Partido...) e recuperando a dirección obreira no seo do daquela partido comunista patriótico.

Coa súa caída, por un lado, quedaron reforzadas as posturas da pequena-burguesía no seu afán polo control do Movemento Nacional-Popular, o que acelerou o proceso de acomodamento e desmobilización dunha fracción do nacionalismo popular entre 1976 e 1986, culminando nese mesmo ano de 1986 cando esa corrente abandoa de facto o Movemento para se incorporar ao sistema constitucional español, e polo outro, o Estado Imperialista Español quitaba do medio a un incómodo inimigo (comunista e independentista) no seu inminente proceso de reforma da ditadura.

Foi un militante sacrificado e intelixente, loitou en lugares como Vigo ou Moaña ao carón doutr@s moz@s activistas, loitou tamén en Ferrol recollendo o relevo obreiro de Amador e Daniel. Percorreu o país traballando, estudando e organizando, e foi tamén exemplar na aprendizaxe e na formación política, algo tan importante para poder desenvolver o combate contra o imperialismo con eficacia e coerencia.

Esta data debe ser, polo tanto, máis algo que unha data ritual do nacionalismo popular galego, debe ser unha xornada na que a mocidade traballadora e estudante da clase obreira, militante e simpatizante de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega), recollamos a semente de vencer que deixaron anteriormente outr@s moz@s revolucionari@s como foi o noso Moncho.

Un día no que nos veñan á memoria as verbas afiadas do Carlos Puebla, "pois o sangue derramado pola man traizoeira, un día, un día calquera, logo será cobrada".

Moncho Reboiras, a loita continúa!
Antes mort@s que escrav@s!
Viva Galiza Independente e Socialista!

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/aC1b