Principal |
Nacionales Galiza :: 26/04/2017

[Vídeo] Saúl (La Insurgencia), 2 anos de prisión por facer cancións

Galiza Contrainfo
Falamos con Saúl, rapeiro de La Insurgencia, e coa súa nai, aproveitando un acto en defensa da liberdade de expresión organizado pola Asemblea Aberta de Coia.

Falamos con Saúl, rapeiro de La Insurgencia, e coa súa nai, aproveitando un acto en defensa da liberdade de expresión organizado pola Asemblea Aberta de Coia. Como denuncian desde a organización veciñal, "Saúl, veciño do barrio, compañeiro e membro da Asemblea enfróntase a un procedemento penal no que a Fiscalía solicita dous anos de prisión e 4.800 € de multa por facer cancións con contido reivindicativo".

Con este acto a Asemblea quere "amosar toda a nosa solidariedade con Saúl, e coas demáis persoas que afrontan procesos similares, polos mesmos feitos. Xa que nos parece absolutamente desproporcionada a intención de castigar a loita social, en calquera das súas manifestacións, con altas penas de prisión".

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/fF6X