Principal |
Nacionales Galiza :: 01/06/2017

[Video] Sesé somos todas, pola vida e a memoria

Galiza Contrainfo
[Galego] Reportaje realizado por Galiza Contrainfo sobre el asesinato machista de Sesé, asesinada el pasado 20 de febrero por su ex-pareja

Presentamos unha reportaxe sobre o grupo de apoio á familia de Maria José Mateo, Sesé, asasinada o 20 de febreiro deste ano pola súa ex-parella. Amigas, compañeiros de loitas e de vida, xuntáronse desde que acontecera este terríbel crime machista, con tres obxectivos: reconstruír a casa para que poda de novo ser un fogar para seus fillos, denunciar a violencia machista e manter viva a memoria de Sesé, afrontando colectivamente a súa irreparábel perda. Comezaron coas asembleas, venda de bonos e voluntariado para as obras da casa, xestións coas administracións, e este venres darán un paso máis no seu camiño de solidariedade coa convocatoria dun grande concerto en Chapela.


Falamos con dez persoas do grupo de apoio, unha experiencia colectiva para loitar contra o silencio e o esquecemento. Dez berros de denuncia contra a violencia machista e o asasinato dunha muller comprometida que viviu amando.

Dez voces pola lembranza e a homenaxe, pola igualdade, para vivirmos en liberdade e sen violencia, dez olladas da vida arrebatada a Maria José Mateo, Sesé.

 

Enlace al artículo: https://www.lahaine.org/fG5A