lahaine.org

compartir

                        

Dirección corta: https://lahaine.org/eQ1u

Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf
  tamaño texto
Enviar por e-mail  enviar        Versión para imprimir  imprimir

traductor

04/04/2015 :: Galiza

3º Encontro do libro anarquista en A Guarda (24 a 26 Abril)

x Abordaxe.wordpress.com

 


III FEIRA DO LIBRO ANARQUISTA EN A GUARDA (24, 25 e 26 de Abril)

Un ano máis e con este xa son tres, queremos invitarvos á Feira do Libro Anarquista de A Guarda (Galiza).

O encontro desenvolverase entre o 24 e o 26 de Abril, na localidade de A Guarda (ao sur da provincia de Pontevedra), entre os espazos da Praza de San Bieito (próxima ao porto) e do Centro Social Fuscalho (fronte á Atalaia) . Intentaremos que a programación sexa o máis variada posible dentro dos nosos límites, pretendendo cubrir tódolos ámbitos e representalas diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e experiencias de loita, entre outras.

Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros, e cremos que representan unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas, polo que esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio.

Habilitarase espazo para aloxamento dxs asistentes (traede o voso saco ou manta) e mesas para exposición de material antiautoritario.

Tódalas comidas servidas nos xantares, ceas e almorzos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades.

Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización e se precisades aloxamento o número aproximado de persoas que sodes.

Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.

Contacto: acarosbaixominho@riseup.net

Cando teñamos a programación definitiva xa vola enviaremos para máis información e difusión.

Sen mais unha aperta e esperamos contar con todxs vos.

compartir

                        

Dirección corta: https://lahaine.org/eQ1u

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal