lahaine.org
Galiza :: 27/06/2013

[Charla-coloquio en Vigo] Un achegamento á cuestión nacional andaluza

Mar de Lumes

Organizada por Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista
O venres 28 de de xuño ás 20:00h terá lugar un novo acto de Mar de Lumes, desta volta centrado na difusión da loita pola liberación nacional e social de Andalucía.

Para esta charla-coloquio contaremos coa presenza de Fran J. R. León, membro do Comité Nacional do Sindicato Andaluz de Traballadores/as (SAT) e militante da esquerda soberanista andaluza, que nos introducirá á cuestión nacional do seu pobo así como á súa realidade política e social.

O acto terá lugar no Local Social Faísca (R/ Toledo 9), no barrio do Calvario, en Vigo.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal