lahaine.org
Galiza, Estado español, Nacionales Galiza :: 12/02/2026

Sindicatos nacionalistas reuniranse cos partidos para tratar o SMI

cig.gal
CIG, ELA, LAB, Intersindical Catalá, IAC, Intersindical Valenciana e STEI, o 12 de febreiro en Madrid

Os sindicatos CIG, ELA, LAB, Intersindical Valenciana, Intersindical Catalá, IAC e STEI anunciaron o 27 de xaneiro a súa intención de acudir conxuntamente a Madrid a reunirse con todos os partidos políticos con representación no Congreso (a excepción do PP e Vox) e coa vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, para tratar un cambio do Estatuto das persoas traballadoras que permita nas súas respectivas nacións mellorar o SMI español. A resposta dos partidos políticos ás solicitudes foi positiva. Con todo, o Ministerio de Traballo non ofreceu ningunha opción de reunión a estes sindicatos.

Os sindicatos convocantes realizarán declaracións á saída do Congreso das e dos Deputados cando finalicen ditas reunións (será o próximo xoves, 12 de febreiro, sobre ás 14 horas).

O Ministerio de Traballo dirixido por Yolanda Díaz comprometeuse a derrogar a reforma laboral de 2012. Non só incumpriu a súa promesa, senón que consolidou a precariedade, sobre todo a través da extensión da contratación a tempo parcial e fixa descontinua. CCOO e UGT avalaron este proceso e por iso o Goberno permítelles monopolizar a representación sindical. Agora, Díaz nega a interlocución para mellorar o SMI español mediante salarios mínimos interprofesionais propios de cada territorio.

Esta decisión é autoritaria e antidemocrática, e reflicte unha visión do Estado monolítica e centralista. Algunhas das centrais que solicitaron a reunión son maioritarios nos seus territorios, mesmo teñen a consideración legal de sindicatos máis representativos, o que lles outorga unha especial lexitimidade negociadora. Tal é o caso da CIG.

Esa lexitimidade conleva, por exemplo, a obriga ministerial de negociar cambios lexislativos como o estabelecemento do SMI. Con todo, o Ministerio de Traballo prefire conculcar estes dereitos e contravir a Lei Orgánica de Liberdade Sindical para poder impoñer un SMI único e centralizado que non se adapta á realidade plurinacional do Estado.

Cómpre lembrar que o Goberno de Sánchez non dispón de maiorías parlamentarias, polo que os sindicatos tratarán de condicionar a actividade parlamentaria para aprobar a opción de mellorar o SMI español. CIG, ELA, LAB, Intersindical Valenciana, Intersindical Catalá, IAC e STEI consideran que apoiar a súa demanda respecto aos SMI propios facilitaría calquera modificación do Estatuto das persoas traballadoras e ofrecería unha razón para apoiar eses cambios aos partidos políticos que non forman parte da coalición de goberno.

 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal