lahaine.org
Estado español :: 23/07/2005

El proyecto de coexistencia de cultivos transgénicos atenta contra la soberanía alimentaria

Sindicato Labrego Galego (difunde Caes)
El SLG pedirá al Ministerio de Agricultura la retirada del proyecto de coexistencia entre cultivos transgénicos y convencionales ya que deja desamparados a agricultores y consumidores y atenta contra la soberaná alimentaria de Galicia.

O SLG pedirá ao Ministerio de Agricultura a retirada do proxecto de coexistencia entre cultivos transxénicos e convencionais
Este borrador deixa desamparada á agricultura labrega e aos consumidores, atentando contra a soberanía alimentaria de Galiza

O SLG quere expresar a súa fonda preocupación diante do proxecto de Real Decreto de Coexistencia entre cultivos transxénicos (OXM) e convencionais que vén de facer público o Ministerio de Agricultura esta semana. Para o SLG, tras analizar o borrador, existen varios aspectos moi preocupantes:

• Acepta a contaminación xenética xeneralizada, tanto na agricultura convencional como na ecolóxica. Isto é así porque toma como referencia para establecer as normas de coexistencia os límites de presencia adventicia de OXM por debaixo dos cales un alimento non necesita ser etiquetado como "modificado xeneticamente" (0"9% para os OXM autorizados). Esta visión é ilegal no marco da lexislación europea: por unha banda, os regulamentos sobre trazabilidade e etiquetado, e sobre alimentos e pensos manipulados xeneticamente, deixan claro que a presencia de OXM en produtos non transxénicos tolérase só se é accidental ou tecnicamente inevitábel; por outra banda, a normativa europea relativa á agricultura ecolóxica descarta o uso de transxénicos ou de produtos contaminados por estes.

Tendo en conta o rexeitamento dos consumidores aos alimentos transxénicos e sabendo que non se poden descartar efectos negativos dosa OXM sobre a saúde humana e o medio ambiente, resulta de especial importancia que o Estado español se dote dos mecanismos necesarios para que sexa posíbel manter unha agricultura libre de transxénicos.

• O borrador non establece un réxime de responsabilidade en caso de contaminación ou doutros danos causados polos OXM. Deste xeito, deixa totalmente desprotexidos aos agricultores e consumidores, favorecendo que no futuro se produzan situacións nas que os labregos e labregas estean totalmente desamparados ante casos de contaminación transxénica. A responsabilidade civil polos danos económicos, ambientais e sanitarios provocados pola introdución de OXM na agricultura e na alimentación debe recaer sobre as empresas produtoras desas sementes e sobre os estados que as autorizan.

• Os apartados relativos aos rexistros de leiras cultivadas con OXM son moi deficientes. De acordo coa lexislación europea, este rexistro debería existir dende hai varios anos e estar a disposición do público. É de especial importancia para que os agricultores que non cultivan variedades manipuladas poidan preservarse das contaminacións. Neste senso, é imprescindíbel que os agricultores que empreguen variedades manipuladas xeneticamente declaren con suficiente antelación as súas intencións de sementeira, que o público en xeral teña acceso a unha información precisa sobre as localizacións exactas destes cultivos, e que a administración se reserve o dereito de prohibir estes cultivos en determinados casos.

• No caso do millo, o proxecto propón medidas insuficientes a partir dunha base experimental deficiente. A distancia de 25 metros de separación entre o millo manipulado e o convencional é irrisoria para prever contaminacións entre leiras, segundo unha ampla bibliografía de estudios científicos sobre o tema. Esta medida proposta corrobora que o que busca o proxecto é a legalización da contaminación e non a protección dos cultivos non manipulados fronte a esa contaminación.

Diante disto, o SLG esíxelle a o Ministerio de Agricultura que retire o proxecto e que lexisle para garantir a permanencia dunha agricultura labrega libre de OXM, amparando o dereito prioritario de labregos e labregas a non sufrir contaminación xenética, e o dereito da sociedade a comer alimentos sans e seguros.

Ademais, sería de vital importancia que -dado o enorme impacto deste asunto para a agricultura, a alimentación e o dereito á información da sociedade en xeral- se lle dese o tratamento de lei á normativa sobre transxénicos para que sexan as canles democráticas do Estado quen aproben ou rexeiten estas medidas.

Saúdos do Gabinete de Comunicación do Sindicato Labrego Galego

Se desexan máis información, poden falar con Carme Freire, membro da Executiva do SLG, no 619 348426

Foro de debate "¿Transgénicos? No, gracias"

 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal