lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/fR2m

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

20/03/2020 :: Estado español, Nacionales Galiza

Rebeca Quintáns:FelipeVI se deshace de su padre de la misma manera que Juan Carlos se libró del suyo

x E. Dobaño
[Gal/Cast]“A pesar del coronavirus, no van a cubrir demasiado el escándalo. La gente tiene tiempo para pensar. Y solo hay 2 noticias: el virus y el escándalo en la monarquía"

[Galego]

"Felipe VI líbrase do pai do mesmo modo que Juan Carlos I se librou do seu"

Cando a comezos o outono Rebeca Quintáns presentou seu libro na Coruña, un libro silenciado polos grandes medios de comunicación que fan parte desa estrutura conxénita de poder que sostén a Restauración borbónica iniciada no golpe de Estado de xullo de 1936, confesou que parte do seu método de traballo consiste en ir tomando nota, día a día, de todo o que acontece para que, despois, ninguén veña reconstruír o relato duns feitos que se suceden á máxima velocidade e poucas teñen a paciencia e a habilidade de ir documentando. O poder, si. E despois constrúe a historia.

O día que Rebeca Quintáns falou na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña estaba recente a visita do fiscal suízo Yves Bertossa a Madrid para reunirse con colegas españois que investigaban presuntos delitos no ir e vir de grandes cantidades de diñeiro no negocio da construción do AVE á Meca, cartos que pasaron polas mans (é un dicir, en realidade pasaron polas contas privadas) de Juan Carlos I e, parte deles, acabaron nas contas de Corinna Larsen. De aí o interese do fiscal suízo, quen desde o verán de 2018 investigaba a orixe dos cartos nunha conta de Larsen en Suíza. Apenas unhas semanas despois, Corinna Larsen fixo saber ao fiscal que eses cartos non tiñan que ver cos negocios do AVE, dixo que eran un regalo do rei español. En decembro, Bertossa decidiu chamar a declarar a ex amiga do rei emérito. A finais do pasado mes de febreiro, Larsen denunciou na prensa británica que estaba a recibir presións do CNI. O 3 de marzo, o xornal suízo Tribune de Genève publicou que a fiscalía daquel país segue o rastro dunha doación saudita a Juan Carlos I. Dez días despois, o británico The Telegraph revelou que o actual monarca, Felipe VI, figuraba como beneficiario dunha fundación radicada en Panamá e cunha conta en Suíza na que Juan Carlos I, sendo rei, recibira no 2012 aquel regalo de Arabia Saudita.

Os grandes negocios privados do rei Juan Carlos que nalgún momento algún medio de comunicación ou algunha fonte fixeron públicos antes de 2016 aparecen recompilados no libro de Rebeca Quintáns, “mais o libro nunca se acaba”, advirte a autora, “por iso o de tomar nota día a día”. Este martes, Quintáns interveu nun deses poucos espazos que lle dan voz cada vez que o coñecemento sobre a actividade da Familia Real pega un brinco. Falou para a radio de Valencia Plaza e xusto despois atendeu por teléfono a adiante.gal.

Que lle pareceu o comunicado da Casa Real o domingo dicindo que Felipe VI “renuncia” a esa herdanza ‘offshore’ e que se castiga a Juan Carlos retirándolle a asignación?

O comunicado é un timo. Xuridicamente non ten valor algún. Non se pode renunciar a herdanza algunha antes de recibila. Iso están explicando os avogados. Se renuncia, que renuncie a todo, que renuncie á Coroa. É un intento de Felipe VI de gardar as costas e, ao mesmo tempo, salvar a cara diante da opinión pública. En fin, se lle funciona é que…

Gardar as costas polo que se lle vén enriba o pai?

É unha maneira de librarse do pai, sen contemplacións, do mesmo modo, por certo, que Juan Carlos se librou no seu momento de seu pai. Parece que Felipe vai algo máis adiantado niso. Juan Carlos foi deixando amigos atrás, pero Felipe aproveitou o inicio do seu reinado para separar á súa irmá, ao cuñado e, agora, péchalle as portas ao pai. Felipe é, tamén, un rei que se fai a si mesmo golpe a golpe.

No comunicado, ademais, fai un anuncio Juan Carlos. Di que contrata avogado.

Si, é un detalle importante. Sabe que vai ter problemas. Durante moito tempo a información sobre o rei estivo seca, quero dicir, absolutamente controlada. Desde o escándalo de Botsuana en 2012, ou algo antes, xa non o está tanto ou se permiten máis cousas. Mais na prensa estranxeira isto non pasaba. Sempre tiveron no foco os asuntos do rei Juan Carlos. Agora, The Telegraph saca uns papeis, documentos sobre esa fundación de Juan Carlos e os seus manexos, mentres en Suíza se investiga outra parte do mesmo asunto. Juan Carlos sabe que os problemas legais veñen de Europa, e aí xa non está tan protexido como en España, onde é practicamente impune.

“Malia o asunto do coronavirus, tampouco van conseguir tapar moito o escándalo. A xente ten tempo para pensar. E, en fin, son só dúas noticias: o virus e o novo escándalo na monarquía.”

Parece que desta volta, a Casa Real non puido controlar os tempos, e foi detrás dos acontecementos até que viu na crise do coronavirus a oportunidade para lanzar este comunicado. En todo caso, parece que é un bo momento para eles facer isto agora?

Eu penso que non, que malia o asunto do coronavirus, tampouco van conseguir tapar moito o escándalo. A xente ten tempo para pensar. E, en fin, son só dúas noticias: o virus e o novo escándalo na monarquía. Veremos en que acaban as respostas institucionais que se están dando. Podemos, por exemplo, o que di é ‘falaremos disto despois de superar o coronavirus’. Está adiando a cousa. Vale. Pero creo que a prensa británica vai seguir sacando cousas e que a polémica non vai parar.

A parte da resposta do Goberno e dos partidos, os inimigos máis íntimos de Juan Carlos si que están aproveitando o momento. Que dano lle fará a imaxe e, tamén, xudicialmente esa denuncia coa que ameaza Corinna desde Londres?

En canto á imaxe de Juan Carlos, creo que a cousa xa non ten solución. A reputación do rei emérito está no chan, non ten remedio. O peor para el está nos problemas xudiciais. O de Corinna é unha ameaza e veremos si pasa de aí. Pero en Suíza si que parece que a cousa é máis seria. Nese proceso por branqueo de capitais o rei aparece nos papeis, están a investigalo. Corinna está tamén nese proceso. Mentres, pode ser ela quen estea filtrando informacións á prensa británica. Iso non o sabemos.

Resulta estraño que a Casa Real saia negando agora unha cousa que, segundo manifesta, coñeceu hai case un ano. Pero é máis estraño aínda que non coñecera as contas que mantiña por aí o rei emérito?

É inverosímil, si. Ademais, non é o primeiro Borbón que aparece vinculado con este tipo de prácticas en paraísos fiscais. O primo do rei, a infanta Pilar… Se non o sabía, é porque non quixo sabelo. E o mesmo vale para a Xustiza española. Poderían ter investigado máis. Poderían ter solicitado antes información a Suíza.

Volvendo á resposta institucional, varias forzas políticas insisten en reclamar unha investigación no Congreso. Algunhas, mesmo que se amplíe a unha comisión de investigación sobre a Casa Real e a monarquía. Parece que desta vez van ter difícil negárllela?

Este pacto de goberno entre PSOE e Podemos é moi delicado. Penso que xa fixeron a posta en escena sobre esta cuestión. Estamos vendo como cargan contra Juan Carlos e deixan ao marxe a Felipe VI. Penso que volverán zafar da comisión. E se houbera comisión, porque o escándalo é maiúsculo, non iría moi lonxe. Mais sempre sería un paso adiante.

Despois de tantos anos investigando sobre a Casa Real, hai algo nestas últimas revelacións que a sorprendeu, ve algunha novidade significativa ou relevante na trama?

Si, hai cousas interesantes no que está a publicar a prensa británica. Persoalmente sempre me chamaron a atención esas fundacións das que se vale o rei emérito. Agora cítanse dúas: unha domiciliada en Panamá e outra, en Liechtenstein. Son entidades moi opacas e por iso se prestan moito para este tipo de manexos. É un fío do que tirar.

A imaxe do cabeceiro: Rebeca Quintáns, no programa ‘La tuerca’.

[Castellano]

Rebeca Quintáns: "Felipe VI se deshace de su padre de la misma manera que Juan Carlos se libró del suyo"

Cuando en otoño Rebeca Quintáns presentó su libro en A Coruña, un libro silenciado por los medios de comunicación que forman parte de esta estructura de poder congénita que apoya la Restauración Borbónica iniciada en el golpe de estado de julio de 1936, confesó que parte de su método de trabajo consiste en tomar nota, día a día, de todo lo que sucede para que, entonces, nadie venga a reconstruir la historia de los hechos que suceden a la máxima velocidad y pocos tienen la paciencia y la capacidad de documentar. El poder, sí. Y despues construye la historia.

El día en que Rebeca Quintáns habló en la Casa Museo Casares Quiroga en A Coruña estaba reciente una visita recinte del fiscal suizo Yves Bertossa a Madrid para reunirse con colegas españoles que investigan presuntos delitos en la entrada y salida de grandes cantidades de dinero en el negocio de construcción de AVE a La Meca. , dinero que pasó por las manos (es decir, pasó por las cuentas privadas) de Juan Carlos I y algunos de ellos terminaron en las cuentas de Corinna Larsen. De ahí el interés del fiscal suizo, que desde el verano de 2018 investigaba la fuente del dinero en una cuenta de Larsen en Suiza. Solo unas semanas después, Corinna Larsen le dijo al fiscal que el dinero no tenía nada que ver con el negocio del AVE, diciendo que era un regalo del rey español. En diciembre, Bertossa decidió llamar para declarar a la antigua amigo del rey emérito. A finales de febrero pasado, Larsen informó en la prensa británica que estaba recibiendo presiónes del CNI. El 3 de marzo, el periódico suizo.Geneva Tribune publicó que la fiscalía de ese país sigue el rastro de una donación saudita a Juan Carlos I. Diez días después, el británico The Telegraph reveló que el actual monarca, Felipe VI, era beneficiario de una fundación con sede en Panamá y con una cuenta en Suiza. en la  que Juan Carlos I, siendo rey, había recibido en 2012 ese regalo de Arabia Saudita.

Los grandes negocios privados del rey Juan Carlos que en algún momento algunos medios o fuentes hicieron públicos antes de 2016 aparecen compilados en el libro de Rebeca Quintáns , "pero el libro nunca termina", advierte el autor, "es por eso lo de tomar nota día a día ". Este martes, Quintáns participó en uno de esos pocos espacios que le dan voz cada vez que el conocimiento sobre la actividad de la Familia Real da un salto. Habló con la estación de radio Valencia Plaza y poco después atendió por teléfono a adiante.gal.

¿Qué le parece el comunicado de la Casa Real el domingo de que Felipe VI "renuncia" a este patrimonio "offshore" y que castiga a Juan Carlos retirándole su asignación?

El comunicado es un timo. No tiene ningún valor legal. No se puede renunciar a una herencia antes de recibirla. Eso es lo que los abogados están explicando. Si renuncia, que renuncie a todo, que renuncia a la Corona. Es un intento de Felipe VI para guardarse las espaldas y al mismo tiempo salvarse de cara a la opinión pública. De todos modos, si funciona es que ...

¿Guardar la espalda por lo que está haciendo tu padre?

Es una forma de deshacerse del padre, sin contemplación, de la misma manera, por cierto, que Juan Carlos se deshizo de su padre en su momento. Parece que Felipe va un poco más allá en eso. Juan Carlos estaba dejando atrás a sus amigos, pero Felipe aprovechó el comienzo de su reinado para separar a su hermana, cuñado, y ahora cerrar las puertas a su padre. Felipe también es un rey que se hace a si mismo golpe a golpe.

En el comunicado, además, hace un anuncio Juan Carlos. Dice que contrata a un abogado.

Sí, es un detalle importante. Sabe que va a tener problemas. Durante mucho tiempo, la información sobre el rey fue seca, quiero decir, absolutamente controlada. Desde el escándalo de Botswana en 2012, o algo antes, ya no es tanto o más cosas están permitidas. Pero en la prensa extranjera esto no sucedió. Siempre tuvieron el foco en los asuntos del rey Juan Carlos. Ahora, The Telegraph está sacando documentos, documentos sobre la fundación de Juan Carlos y sus operaciones, mientras que otra parte del mismo tema se está investigando en Suiza. Juan Carlos sabe que los problemas legales provienen de Europa, y ya no está tan protegido como en España, donde es prácticamente impune.

  • “A pesar del problema del coronavirus, no van a cubrir demasiado el escándalo. La gente tiene tiempo para pensar. Y, finalmente, solo hay dos noticias: el virus y el nuevo escándalo en la monarquía ".

Parece que esta vez, la Casa Real no pudo controlar los tiempos, y estuvo detrás de los acontecimientos hasta que vio en la crisis del coronavirus la oportunidad de publicar esta declaración. En cualquier caso, ¿parece un buen momento para que hagan esto ahora?

Creo que no, que a pesar del problema del coronavirus, no podrán cubrir gran parte del escándalo. La gente tiene tiempo para pensar. Y finalmente, solo hay dos noticias: el virus y el nuevo escándalo en la monarquía. Veremos dónde terminan las respuestas institucionales que se están dando. Podemos, por ejemplo, decir 'hablaremos de esto después de vencer al coronavirus'. Está posponiendo la cosa. Esta bien Pero creo que la prensa británica va a seguir sacando cosas y la polémica no se detendrá.

Además de la respuesta del Gobierno y ls partidos, los enemigos más cercanos de Juan Carlos están aprovechando el momento. ¿Qué daño le hará a su imagen y también, judicialmente, esa denuncia con la que Corinna amenaza desde Londres?

En cuanto a la imagen de Juan Carlos, creo que la cosa no tiene solución. La reputación del rey emérito está por los suelos, no tiene remedio. Lo peor para él son los asuntos judiciales. Lo de Corinna es una amenaza y veremos si pasa de ahi. Pero en Suiza parece que la cosa es más grave. En ese proceso por blanqueo de dinero, el rey aparece en los periódicos, lo están investigando. Corinna también está en ese proceso. Mientras tanto, puede estar filtrando información a la prensa británica. No lo sabemos

Es extraño que la Casa Real ahora niegue algo que se conoce desde hace casi un año. ¿Pero es más extraño incluso si no hubiera conocido las cuentas mantenidas por el rey emérito?

Es poco probable, sí. Además, no es el primer borbón que se vincula a este tipo de práctica de paraíso fiscal. La prima del rey, la pequeña Pilar ... Si no lo sabía, es porque no quería saberlo. Y lo mismo ocurre con la justicia española. Podrían haber investigado más a fondo.Podrían haber solicitado información de Suiza antes.

En cuanto a la respuesta institucional, varias fuerzas políticas insisten en reclamar una investigación del Congreso. Algunos, incluso reclaman que se amplie a una comisión de investigación sobre la Casa Real y la monarquía. ¿Te parece que esta vez van a tener dificultades para negarlo?

Este pacto de gobierno entre el PSOE y Podemos es muy delicado. Creo que ya han hecho la puesta en escena sobre este tema. Estamos viendo cómo acusan a Juan Carlos y dejan de lado a Felipe VI. Creo que volverán a negar la comisión de investigación. Y si hubiera comisión, porque el escándalo es capital, no iría muy lejos. Pero siempre sería un paso adelante.

Después de tantos años investigando la Casa Real, ¿hay algo en estas últimas revelaciones que la haya sorprendido? ¿Ves algún avance significativo o relevante en la trama?

Sí, hay algunas cosas interesantes que publica la prensa británica. Personalmente, siempre me han llamado la atención aquellas fundaciones de las que se vale el Rey Emérito. Ahora se citan dos: una domiciliada en Panamá y la otra en Liechtenstein. Son entidades muy opacas y es por eso que se prestan mucho a este tipo de manejos. Es un hilo del cuál tirar.

La imagen del encabezado: Rebeca Quintáns, en el programa 'La tuerca'.

https://adiante.gal/felipe-vi-librase-do-pai-do-mesmo-modo-que-juan-carlos-i-se-librou-do-seu/?fbclid=IwAR1zTk7Ai421MKeGbCzT_03AXby19Bs5LtJXgC7jS2IeMfEA2PeEjUml8Y4

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/fR2m

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal