lahaine.org
Galiza :: 05/05/2008

200 persoas na manifestacion da CNT de Pontevedra del 1º de maio

La Haine

Casi 200 persoas se reuniron na manifestacion da Confederacion Nacional do Traballo este primeiro de Maio en Pontevedra.

O sol abriu para deixar pasar a manifestacion que percorreu as ruas da cidade para rematar cun mitin na plaza do Teucro con dous militantes dos .

Este foi o acto central da CNT en Galiza que espallou actos mais pequenos por toda a xeografia galega.

Por primeira vez en case 30 anos a organización anarcosindicalista terá representación no primeiro de Maio da cidade.

O sindicato CNT manifestarase este 1º de Maio por Pontevedra.
As 13:00 partira a manifestación da plaza da Ferreria
As 13:30 mitin na plaza do Teucro
As 14:30 comida de confraternidade no edificio dos sindicatos.

CNT será a ultima das forzas sindicais en iniciar a sua manifestación en Pontevedra. As 13:00 do xoves 1º de Maio partirá da plaza da Ferrería a manifestación unitaria dos sindicatos da anarcosindical galega, representantes dos sindicatos de Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Vigo e o propio sindicato de Pontevedra percorrerán as ruas da cidade. Diferentes actos de propaganda se daran en toda Galiza mentres que o acto central será a manifestación da cidade do Lerez.

Casi 30 anos teñen pasado para que Pontevedra contemplara as ultimas manifestacións protagonizadas polo anarcosindicalismo cando o sindicato CNT desapareceu da cidade, case tanto tempo como o que transcurriu dende o ano 36 cando en maio os traballadores galegos estaban celebrando a firma das 35 horas na construcción de Sevilla, e, cando un mes mais tarde, un golpe de estado iniciaba o rexime de terror.

O sindicato de Pontevedra demostra tres anos despois da sua refundación a capacidade de organización dunha manifestación, e toda esta forza dende a autogestión dun sindicato que non acepta liberados senon que loita coas forzas da solidariedade entre traballadores, que non se presenta as eleccion sindicais senon que organiza asambleariamente as suas seccións sindicais de empresa; que non confia nos xuizos e intenta solucionar os seus conflictos pola negociación directa co empresario.

O momento historico que esta a vivir a CNT devolve ao sindicato a actualidade polos froitos da sua acción sindical dende o ano 2000 en adiante; accion sindical que se multiplicou e venceu demostrando a capacidade do modelo sindical do anarcosindicalismo.

A CNT invita a todalas traballadoras etraballadores da Galiza a acercarse a Pontevedra a manifestación da clase obreira, fronte as manifestacion dos liberados sindicais e profesionais do sindicalismo que protagonizan ano tras ano CCOO, UGT e CIG.

Orgullo e combatividade para o Primeiro de Maio.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/613

 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal