Alcalde de Baralla: “Os que foron condenados a morte (no franquismo) será porque o merecían”
Os e as asasinadas polo franquismo merecían tal fin. Así de contundente e sen complexos se manifestou o alcalde de Baralla, do Partido Popular, e no cargo desde 1987. Fíxoo no último pleno municipal, segundo contan desde a oposición socialista.
Manuel González Capón, o rexedor e deputado provincial do PP, levou a esta sesión unha moción para pedir a condena de Resistencia Galega. Contou cos votos favorábeis dos concelleiros populares e do PSdeG.
Mais os socialistas engadiron a ‘coletilla’ de que “condenamos calquera tipo de acto violento, veña de quen veña”, e solicitaron que o PP faga o mesmo e amose tamén igual sensibilidade para condenar outro tipo de actos como as mortes durante a ditadura. Foi entón, sempre segundo esta versión, cando o alcalde do PP afirmou: “os que foron condenados a morte será porque o merecían”
Máis unha
Non é a primeira vez que desde alcaldes do PP se defende o franquismo ou ben se ofende ás vítimas da represión do réxime de Franco. Un dos exemplos máis lembrados neste sentido son as misas en honra de Franco que cada ano celebraba en Beade o rexedor do PP Senén Pousa.

El fascista de la fotografía es el alcalde de Baralla y quien afirma que las personas asesinadas en el franquismo "lo merecian"







