Alerta Antifascista en Galiza

Os medios de comunicación informaron do asasinato de Carlos Javier Palomino, antifascista, a mans dun militar fascista no metro de Madrid. Pero eses mesmos medios viven de costas a unha realidade que vén de vello. En moitas lugares do estado español e de Europa están a producirse agresións aos de sempre: inmigrantes, mulleres, homosexuais, indixentes, prostitutas, antifascistas...
O 10 de febreiro do ano pasado, un fascista deixou en cadeira de rodas en Alcalá de Henares a Miwa Buene, inmigrante do Congo a súa única falta era ser negro. E quen non recorda as tétricas historias de rapazas atacadas e gravadas ao ferro con a sinistra esvástica? Os mendigos queimados vivos cando durmían na rúa? A violencia nos estadios de fútbol a cargo de grupos da extrema dereita? Na Galiza tamén temos sufrido actos similares: ataques a centros sociais con cócteles molotov (A Reviravolta, Artábria...), intimidacións, pintadas...
O Estado tenta debuxar estes grupos de dereitistas como trasnoitados que aclaman a Franco e primo de Rivera pero...
"A verdade é que e moi habitual que cada vez que hai una redada o una actuación contra grupos fascistas o parafascistas, algún de eles sexa militar ou directamente policía". É o que afirma Jorge delCura, un dos responsables do Centro de Documentación contra a Tortura de Madrid, que desde hai anos segue moi de cerca as actuacións dos corpos de seguridade do Estado.
Como medran estes grupos fascistas? Quen lles paga? Porque o estado non os combate? Como é posible que grupos de extrema dereita seguidores de equipas de fútbol teñan dereito a entradas de balde nos partidos? Como é posible que moitos deles pertenzan ás forzas de seguridade? A resposta é doada: a chamada democracia e a continuidade do franquismo, as torturas e a represión nunca cesaron só se maquillaron e revestiron de legalidade.
E mentres os grupos da extrema dereita son libres de presentarse as eleccións baixo múltiples siglas, proclamar a sacrosanta unidade do país, facer chamamentos a favor da xenofobia o racismo e o fascismo, agredir, matar,etc., o estado mantén unha Lei de Partidos que valeu para ilegalizar organizacións de esquerdas acusadas de estaren ligadas à violencia. Causa pavor pensalo pero os grupos fascistas están amparados polo aparello do estado, que combate saltándose a súa propia legalidade os anarquistas, comunistas, independentistas...
Nin sequera a conmoción social tralo asasinato de Carlos mitigou a actividade de los grupos neonazis. Na Universidade Autónoma de Madrid (UAM) o 15 de novembro, 15 neonazis amedrentaban a estudantes na facultade de dereito e pouco despois agredían a una persoa na estación de trens de curta distancia del campus. Segundo afirman estudantes, tratábase de militares que proviñan do próximo cuartel de El Goloso.
Por iso un grupo de persoas que facemos a nosa vida nesta cidade, sen mais ligazón que un profundo desprezo polo fascismo, sen mais interese que evitar e denunciar esta situación, acordamos criar unha Asemblea Antifascista Vigo como xeito de organizarnos ante as agresións.







