lahaine.org
Galiza :: 02/02/2006

Ataque fascista à CNT-Compostela

CNT-Galiza
O pasado dia 25 de Xaneiro o local da CNT de Compostela apareceu con diversos impactos nas cristaleiras, producidas por un obxecto contundente, probabelmente unha barra de ferro

ATAQUE FASCISTA À CNT-COMPOSTELA

O pasado dia 25 de Xaneiro o local da CNT de Compostela apareceu con diversos impactos nas cristaleiras, producidas por un obxecto contundente, probabelmente unha barra de ferro. O cristal non chegou a ceder debido ao material do que está feito, mais a cantidade de golpes evidéncia a violéncia do ataque.

Despois de preguntar aos veciños do bárrio, sabemos que o ataque tivo lugar entre as duas e as tres da madrugada.

Non é a primeira vez que a CNT-Compostela recebe ataques na sua sede, xa que no local anterior en dous anos foi reventada a porta de entrada até tres veces, e neste último ano e meio vários compañeiros e compañeiras recebiran ameazas físicas e psíquicas, e tamén fomos ameazados con atacar o noso local e reventá-lo.

Deben saber as "persoas" que realizaron esta "valente acción revolucionária" que acaban de atacar à organización anarco-sindical CNT, a toda a organización, e non só à Federación Local de Compostela.

Deben saber esas individu@s que actuaron de forma tan ruín e cobarde, que enmarcamos este ataque no proceso de acoso e derrubo que a reacción de variado pelaxe ten desencadeado contra a CNT, e non só en Compostela senón tamén noutros lugares do estado.

Deben saber estes "elementos revolucionários" que teñen moi difícil facer calar à Confederación, que teñen complicado meter-nos medo, que acabaremos por averiguar quen son e onde están e pagarán por ter atacado a sede compostelana da nosa organización.

Para a CNT-Compostela este ataque à nosa sede é un "ataque fascista" e cobarde. Non rompen as cristaleiras dos empresários, das sedes dos partidos, da patronal, dos bancos ou dos próprios organismos do estado. Ataca-se o local dun sindicato que non recebe subvencións, que non ten liberados, que funciona en base às cuotas dos seus afiliados e afiliadas. Ataca-se aos traballadores e traballadoras organizados, e usando termos xurídicos con "premeditación, nocturnidad e alevosía".

Estas agresións non van ficar sen responder, por algo somos anarco e sindicalistas.

Simplesmente compañeiras e compañeiros,
Vemo-nos na loita.

Saúde e anarco-sindicalismo
CNT-Compostela

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal