lahaine.org
Galiza :: 19/01/2010

Campaña contra a contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia

CNT-Compostela

A contratación ilegal por parte da Xunta de Galicia é unha práctica dolorosamente habitual. @s traballador@s que ocupan postos de traballo nas diferentes consellarias da Xunta subcontratadas por empresas privadas contan-se por milleiros. Isto constitue unha ilegalidade manifesta à vez que un despilfarro escandoloso dos cartos públicos. A Xunta prefire subcontratar servizos básicos antes do que sacar ofertas de emprego público, prefire favorecer às empresas con contratos que multiplican en muito os salários d@s traballador@s directos da Xunta, e que precarizan as condicións de traballo, cando non botan man de autónom@s obrigatóri@s.

Por iso desde a CNT comezamos unha campaña informativa ao conxunto de traballador@s nesta situación. A dia de hoxe, a CNT ten várias demandas presentadas por cesión ilegal en distintas consellarias (Meio Ambiente, Saude, Educación...) ademais de ter gañado várias veces este tipo de demandas.

É importante para os traballadores coñecer os nosos direitos, e tamén exixir o seu cumprimento. A CNT, pola sua independéncia de todos os partidos e poderes públicos, é a opción mais axeitada.

Estas subcontratad@ pola Xunta de Galicia?

Sabias que se é unha contrata ou subcontrata a que cede man de obra estamos ante unha cesión ilegal?

Para saber se a contrata ou subcontrata para a que traballas non está prestando uns servizos específicos à administración, senón que só aporta man de obra, tes que comprobar que concorren determinadas condicións:

1) O teu horario de traballo coincide co d@s funcionários ou persoal ao servizo da administración pública.
2) O teu posto de traballo está en instalacións da administración.
3) Os teus meios de traballo (computador, conta de correo...), son propiedade da administración.
4) Recibes ordes de funcionári@s ou persoal ao servizo da administración.
5) A tua empresa non aporta nada à administración ademáis da tua persoa.

Se concorren unha ou várias destas circunstáncias a tua empresa pode estar a ceder-te ilegalmente como man de obra. As consecuéncias son:

ANTES DUN DESPIDO

1) Se demandas esta situación antes de que se produza un despido: podes elexir traballar para a tua empresa (con contrato indefinido) ou para a administración (con contrato de indefinido non fixo, podendo-se cubrir o teu posto no momento en que se convoque un proceso selectivo).
2) En nengún momento poden despedir-te por ter demandado os teus direitos (tes protección pola garantía de indemnidade).
3) Se elixes traballar para a administración e se convoca un proceso selectivo para a tua praza (único motivo polo que poden botar-te), tes direito a 20 días de salário por ano de servizo, que empeza a contar desde que empezaches a prestar traballo coa empresa cedente nesa administración.

DESPOIS DUN DESPIDO

O máis probábel é que o despido sexa declarado improcedente, tendo direito a unha indemnización de 45 días de salário por ano de servizo, até un máximo de 42 mensualidades.

http://www.cntgaliza.org/?q=node/914

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal