lahaine.org

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/fX73

convertir a:
Convertir a ePub  ePub        Convertir a pdf  pdf

  tamaño texto

  enviar          imprimir


traductor

21/04/2021 :: Galiza

CCOO e UGT consuman unha nova traizón á clase traballadora e pactan un convenio do metal pontevedrés

x CIG
Aceptan que se pague o plus de eventualidade a final de contrato e reducen o incremento salarial

CCOO e UGT consuman unha nova traizón á clase traballadora e pactan un convenio do metal pontevedrés que empeora a proposta patronal

Aceptan que se pague o plus de eventualidade a final de contrato e reducen o incremento salarial

A pouco máis dun día de que se fixese efectiva a convocatoria dunha xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, CCOO e UGT volven consumar unha nova traizón á clase traballadora ao pactar un convenio colectivo que incluso empeora a última proposta achegada pola patronal. O preacordo, que foi cociñado antes da xuntanza celebrada esta tarde entre o empresariado e a representación sindical, inclúe que o complemento de eventualidade se pague ao final do contrato e contempla unha redución do aumento salarial que figuraba na última proposta.

Dende a federación de Industria da CIG denuncian que o preacordo que veñen de asinar os sindicatos estatais e as patronais Asime, Atra e Instalectra xa estaba pactado antes de celebrarse a reunión de hoxe no hotel Coia de Vigo, na que tamén estivo presente a CIG. “Antes mesmo da reunión CCOO anuncioulle o acordo aos seus delegados/as, nos mesmos termos que a proposta que asinaron”. 

Antes mesmo da reunión CCOO anuncioulle aos seus delegados/as o acordo, nos mesmos termos que o que despois asinaron

E iso a pesar de que na mañá de onte os tres sindicatos mantiveron unha xuntanza para preparar a xornada de folga prevista para este xoves día 22, ademais de abordar a posibilidade de convocar novos paros os días 4 e 6 de maio. “Unha vez máis está claro que todo foi un paripé, algo ao que desgraciadamente xa nos teñen acostumados/a”. Por iso dende a CIG apelan á necesidade de que a correlación de forzas nas empresas varíe cando se celebren as eleccións sindicais, “porque é o único xeito de que isto non volva a suceder”.

En canto ao contido do acordo, dende a central sindical sinalan que inclúe unhas das principais aspiracións da patronal, que os sindicatos colocaron como unha das liñas vermellas da negociación: o pago da cláusula de eventualidade ao final, o que na práctica vai supoñer que a maioría dos traballadores/as eventuais non a van cobrar, porque as empresas obríganos/as a renunciar a ela se queren volver a ser contratados/as.

No que ten que ver co aumento salarial, pactaron un 0,5% en 2020 (sen o pago de atrasos) e un 1,75% en 2021 e 2022. Dende a CIG indican que a última proposta da patronal, cando se falaba dun convenio de dous anos de duración, contemplaba unha suba salarial maior a cambio de pagar o complemento de eventualidade ao final do contrato: un 0,5% en 2020 e un 2% en 2021. “Polo tanto, o que asinaron empeora a proposta anterior”.

Entrada das ETT no sector

Lembran que as centrais sindicais optaran por negociar un convenio de transición, para o que renunciaron ás súas plataformas e consensuaron unha serie de cuestións que deberan ser irrenunciábeis, entre elas o pago do plus de eventualidade mes a mes. “Pero a patronal non renunciou á súa plataforma, e vén de conseguir unha das súas principais reclamacións”.

En consecuencia, na CIG amosan a súa preocupación polo que pode suceder en 2023, cando se negocie a renovación do convenio. “O empresariado volverá á carga para introducir de novo as ETT no sector -outra das súas aspiracións- porque a súa avaricia non ten límite, e está claro que os sindicatos estatais cederán unha vez máis a cambio de nada”.

https://www.cig.gal/nova/ccoo-e-ugt-consuman-unha-nova-traizon-a-clase-traballadora-e-pactan-un-convenio-do-metal-pontevedres-que-empeora-a-proposta-patr.html

compartir

                          

Dirección corta: https://lahaine.org/fX73

 

Contactar con La Haine

Envíanos tus convocatorias y actividades!

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License    [ Clave pública PGP ] ::

Principal