lahaine.org
Galiza :: 21/04/2008

Comienzan las II Xornadas Libertarias de Pontevedra. Hoy Lunes proyección del documental "Jose Couso: Crime de Guerra"

La Haine
Dentro das II Xornadas Libertarias, a CNT de Pontevedra volve a incidir sobre o asesinato do xornalista Jose Couso en Iraq, esta vez sera un documental que se proxectará as 20:00 no aula do Pazo da Cultura e Pontevedra.

O Sindicato CNT continua pedindo a concesion dunha rua en recordo do camara galego e de todos aqueles xornalistas de guerra asesinados pola liberdade de información.

O luns as 12 da maña volverase presentar, por terceira vez, a petición a comisión de urbanismo do concello de Pontevedra. A dia de hoxe o concello de Madrid ten colocado unha placa conmemorativa na casa o­nde viviu Jose Couso e o Concello de Santiago de Compostela pora o nome do camara nunha rua da capital galega.

Catro anos pasaron dende que os exercitos occidentais comezaron unha nova guerra, desta vez polo control de Iraq. Catro anos de destrucción no que todos se teñen levado a sua parte do botín de guerra, as empresas petroliferas e constructoras e os seus contratos millonarios, os exercitos coas suas posicions estratexicas nesta guerra global contra a humanidade, e os suposto beneficiario desta “guerra de liberación” hoxe intenta sobrevivir entre as ruinas.

O 8 de Abril de 2003, caía abatido en Bagdag o cámara galego José Couso tras receber no seu cuarto do Hotel Palestina un disparo procedente dun tanque da Terceira División de Infantaría do Exército dos Estados Unidos. José Couso estaba alí para informar do que acontecia aquelas primeiras semanas da invasión de Iraque. Por iso foi asesinado. Todolos xornalistas que non poideron controlar os servicios de información estadounidenses recibiron esa mañá un aviso, un tanque disparou ó hotel Palestina, sede da prensa internacional; morreron os cámaras Jose Couso e Taras Prosyuk, a este a taque o seguiu a destrucción das sedes das televisións Al Jazzera e Abu Dabi.

A morte de Jose Couso a seguiu a humillación a sua familia por parte dos gobernos estadounidense e español, o informe do ataque, que escribiron uns e aceptaron cegamente os outros, tiña apenas unha folla. Pero a sua familia os seus amigos e compañeiros seguen mantendo a sua dignidade, porque o que loita non pode perdela.

Hoxe, catro anos despois, nos reunimos para esixir o que a familia esixe dende o principio simplemente INVESTIGACION E XUSTIZA, o queremos para Jose Couso pero o queremos tamen para os centos de miles de mortos desta guerra.

Por esta razon esiximos unha rua na cidade que recorde cada dia a todos eles.

Nas primeiras Xornadas Libertarias de Pontevedra/*/ mais de 70 persoas abarrotaron a galeria Sargadelos de Pntevedra para asistir a conferencia Irak: Guerra Aberta, coa presenza de Javier Couso, irman do camara asasinado en Iraq polas tropas estadounidenses.

A charla comezou co documental Testimonios de Faluya, o­nde os iraquis desta cidade de 500.000 habitantes describian a operacion de destruccion que levou a cabo EEUU.

Javier fixo un repaso do caso do seu irman e un analise da situacion politica e social actual con todolos datos e cunha facilidade de palabra que mantivo os asistentes pegados os asentos.


Noticia relacionada:

1º de Maio e Xornadas Libertarias Pontevedra 2008: http://www.lahaine.org/index.php?blog=4&p=29556

 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal