lahaine.org
Galiza, Carlos Presente :: 18/11/2007

[Compostela] Manifestacion 20N: manifiesto y cartel

Assembleia Antifascista Compostela

Compañeir@s,

manifestámonos polas rúas de Compostela para denunciarmos unha situación vergoñenta. Os medios de comunicación informan estes días do asasinato dun rapaz de 16 anos, Carlos Javier Palomino, antifascista, a mans dun militar español fascista no metro de Madrid. Pero eses mesmos medios viven de costas a unha realidade que vén de vello. Coma sempre, tivo que haber un morto, tivo que acontecer algo especial, para que ollasen a realidade e informasen dela. Con todo, unha vez máis, pasará o momento e esquecerase a situación. Novas informacións doutros sucesos farán caer este feito no esquecemento. E nós non podemos permitilo. Porque esquecer os seus crimes é axudar ó fascismo.

Nos últimos anos téñense producido toda unha serie de agresións por parte de persoas afíns a unha ideoloxía que tiña que estar xa abandonada no faiado da historia. O fascismo, unha reliquia de museo, tenta amosar unha forza que non ten tentando imporse nas rúas. En moitas lugares do estado español e de Europa están a producirse agresións ós de sempre: inmigrantes, mulleres, homosexuais, indixentes, prostitutas, antifascistas... Non hai que ir tan lonxe no tempo para chegarmos ó 10 de febreiro deste mesmo ano, cando un fascista deixou en cadeira de rodas en Alcalá de Henares a Miwa Buene, inmigrante do Congo cuxa única falta é ser negro. E hai máis casos: quen non recorda as tétricas historias de rapazas atacadas e gravadas ó ferro coa sinistra esvástica? Os mendigos queimados vivos cando durmían na rúa? A violencia nos estadios de fútbol a cargo de grupos da extrema dereita? Na Galiza tamén temos sofrido actos similares: ataques a centros sociais con cocteles molotov (A Revira, Artábria...), intimidacións... Pero o estado español segue sen dispor dun rexistro oficial de agresións fascistas.

Hoxe é 20 de novembro. Hai 32 anos que morreu o tirano Francisco Franco, e hai, tamén, 71 anos da morte de Jose Antonio. Ainda hoxe hai xente que os defende. E nesta data maniféstanse, fanlles ofrendas, misas, recordanos... Asi que tamén nós queremos coller esta data para amosarnos en contra de todo iso, para congratularnos de que Franco e Jose Antonio estean baixo unha lápida. Para deixar claro o noso rexeitamento á exaltación dun réxime xurdido dun golpe de estado e que durante case corenta anos torturou e asasinou. Un réxime que atopa continuidade nesta democracia fabricada por eles na que medran os fillos do fascismo ante a permisividade das forzas de seguridade que, pola contra, atacan ós que denuncian esta situación.

Como medran estes grupos fascistas? Quen lles paga? Que fai o estado para combatelos? Como é posíbel que grupos de extrema dereita seguidores de equipas de fútbol teñan dereito a entradas gratis nos partidos? Como é posíbel que moitos destes aprendices de Mussolini pertenzan ás forzas de seguridade que terían que defender á poboación –nomeadamente ós colectivos máis vulnerábeis- deles? A resposta é doada, pero dura. Son eles. Lembrades aqueles fillos de papá que asasinaron a unha indixente que durmía no caixeiro dunha oficina bancaria? Hai máis casos...

E mentres os grupos da extrema dereita son libres de actuaren, de agrediren, de mataren, o estado mantén unha Lei de Partidos que valeu para ilegalizar grupos como Batasuna acusados de estaren ligados á violencia. Case causa risa...E causa pavor. Dá medo pensar que dispoñen do aparello do estado para combater saltándose a súa propia legalidade ao anarquismo, ao comunismo, ao independentismo.

Por iso un grupo de persoas que facemos a nosa vida nesta cidade, sen máis ligazón que un profundo desprezo polo fascismo, sen máis interese que evitar e denunciar esta situación, acordamos crear unha Asemblea Antifascista de Compostela. Como xeito de organizarnos ante as agresións. Temos sorte, Compostela non presenta unha grande presenza fascista. Pero, se esa situación mudara, aquí estamos nós.

Non pasarán.

Nengunha agresión sen resposta.


 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal