lahaine.org
Galiza :: 30/03/2014

Comunicado do guitarrista de Skandalo GZ detido o 22M

Skandalo GZ

Bueno xentiña!! Me imaxino que xa estades enterados de que son un dos 24 detidos na manifestacion do 22m, das marchas pola dignidade. Aqui vos deixo a miña historia pra que todo o mundo se entere das vexacions sufridas polos supostos axentes da autoridade (por eses cans do estado)

Fun a madrid a manifestarme pacificamente xunto con un millon e medio mais de ciudadanos, a protestar porque son autonomo, e non me deixan respirar.

Comezaron sobre as 8.30h unhas cargas policias brutais mentres todavia se estaba lendo o manifesto da convocatoria nun ambiente completamente pacifico, nos eu e Maria Fernandez (tamen galega detida)xunto con mais amios comezamos a correr e decidimos automaticamente sair de ahi e irnos tomar unha cervexa xa que o ambiente xa non era de concentracion pacifica, andando xa fora da manifestacion un grupo de policias secretas e antidisturbios nos tiraron o chan e automaticamente nos detiveron, nos tiveron 30 min coa cara contra o furgon e nin me deixaban ver pra a miña compañeira e poder relaxarnos un minimo.

Acto seguido nos levaron a carcel de Moratalaz donde non sei que palabra definiria mellor o trato recibido. Nos tiveron 9h de pe, cos brazos erguidos contra unha parede metres recibiamos gritos e insultos. Mais tarde nos levaron aos calabozos donde nos encendian e apagaban as luces aleatoriamente pra que perdesemos a nocion do tempo, non nos deron un misero vaso de auga en 35h, non nos deixaban ir mexar nada mais que cada 12-13h, nos encendian o aire acondicionado pra que pasasemos frio i en todo momento nos insultaban e despreciaban coma se fosemos ratas. Pero entre os detidos fixemos unha piña tan grande que en ningun momento conseguiron que os nosos animos caisen e seguimos loitando pola nosa liberdade. Xa na mañan do luns nos puxeron a diposicion xudicial, donde por fin saimos todos e todas en liberdade con cargos a espera do xuizo, todos menos miguel, un rapaz de 21 anos, que se quedou en prision preventiva, ANIMO MIGUEL!!

Foron 45h nas que o estado español nos demostrou que isto non e unha democracia, nada mais que sigue sendo unha dictadura. o sair en liberdade, quero denunciar a manipulacion dos medios de comunicacion que nos tachaban de radicais e incluso no dician que pertenciamos a resistencia galega!! Un autonomo e dous estudiantes que fumos pacificamente...pero todo teu unha parte positiva, quero darvos as GRACIAS a todos e a todas que nos apoiastes e destes animos neste inferno que vivimos. Mentres estabamos nos xuzgados de Praza Castilla o avogado nos dicia que habia moita xente que levaba todo o dia esperando na porta a que saiamos apoiandonos, unhas catrocentas `persoas de diferentes puntos da xeografia peninsular, e cando saimos vin coma todo o mundo nos aplaudia e apoiaba, a min me deron un abrazo comun de unhas 100 persoas no que non paraba de chorar pola emocion de estar libre e respaldado. Xente do 22m nos ofreceu todo o seu apoio loxistico e incluso colectivos galegos foron a darnos cobertura economica pra poder durmir esa noite e voltar a Galiza o dia seguinte, gracias a todos e a todas por respaldarnos tanto. Tamen estou enterado que o dia 23 houbo diversas manifestacions en vigo, coruña e ourense apoiandonos GRACIAS!! en madrid tamen e parece ser que volveron pegarlles os cans do estado. gracias!! e por ultimo dar as gracias a MARIA FERNANDEZ a compañeira que viña comigo cando nos detiveron, porque estando xuntos conseguimos que todo fose moito mais ameno. animo xentiña QUE SI SE PODE!!

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal