lahaine.org
Galiza :: 17/11/2005

Comunicado ante os acontecementos represivos do 14 de novembro

Adiante
Comunicado da Dirección Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

O 14 de novembro de 2005, dez militantes independentistas galeg@s foron detid@s sen máis nos seus fogares ou centros de traballo respectivos por membros encarapuchados da Garda Civil española.

Centros e locais sociais onde se realizan actividades públicas, abertas e populares de carácter cultural, alternativo ou de lecer foron literalmente asaltados e saqueados polos efectivos do instituto armado.

Os medios de comunicación do réxime levan desde ese día exercendo a súa función no sistema, intoxicando, criminalizando e confundindo, sen nin sequera intentar contrastar a información.

Perante a gravidade dos feitos desta escandalosa espiral represiva, desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) tiramos este pequeno comunicado, urxente e provisorio, e manifestamos:

1. A nosa solidariedade e apoio ás persoas detidas, aos seus compañeiros e compañeiras, colegas e familiares nestes complicados intres.

2. A repulsa á actuación dos xuíces españois, aos métodos da Garda Civil, á actitude da prensa e ás inxurias do Delegado do Goberno.

3. A nosa satisfación pola resposta unitaria antifascista que se está a dar por riba de diferenzas ideolóxicas e políticas.

4. Que se está a pasar por riba da presunción de inocencia, do dereito de reunión e asociación e das máis básicas liberdades e dereitos fundamentais.

5. Que estes feitos persiguen coaccionar e meter medo entre a mocidade galega rebelde, obreira e popular que non cala nin agocha a testa.

Ao nos atopar perante o maior golpe represivo dos últimos 15 anos, desde ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) facemos un chamado á solidariedade activa por riba de siglas, a non cair en provocacións innecesarias e a estar en garda perante novas violacións dos nosos dereitos colectivos.

Liberdade inmediata das persoas detidas!
Viva Galiza Ceibe e Socialista!

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal