Constituída a Sección de Ensino do SOV de CNT-AIT Lugo
O sindicato de oficios varios da CNT de Lugo reunido en asamblea decidiu constituir a Sección de Ensino. A sección de ensino da CNT de Lugo bota a anadar para intentar aportar unha alternativa de loita libertaria na Universidade e nas Escolas. Denunciar o modelo educativo burgués como medida de control social e poñer freo o proceso de constante privatización que sufrimos nos nosos centros educativos.Por un Ensino Laico, Científico e Racional.
MANIFESTO
O vil garrote xa apertaba
A voz do estudantado é silenciada polas mans do grande capital e seus abutres que impiden a existencia e desenvolvemento de un Ensino Superior Público aberto, gratuíto e universal, un dereito de todos, e tan necesario pola súa función democratizadora dos coñecementos, cultura e formación científica, técnica, artística, etc. Un futuro onde traballadoras libres poden decidir por si mesmos está ecuacionado dende a propia universidade, onde as patronais, disfrazadas ou non, participan ilexítimamente de decisións que competen primeiramente a quen traballa e estudia nela. A financiación e xestión do Ensino Superior Público é feita en base de chantaxes políticas e económicas que teñen como primeiro obxectivo un estudantado pasivo, acrítico e indefenso, incapaz de organizarse e combater a lóxica imposta de funcionamento autoritario, e tamén o de garantir traballadorxs sen dereitos, fortemente precarizad@s, mercadoría obediente. Queren esta vida para @s trabalhador@s de agora e para @s do futuro.
Só iso explica
A subida das taxas, alí onde xa non deberían sequera existir; o asalto do destructivo marketing bancario en cuestións tan vitais como as bolsas; o silenciamento de unha cultura académica libre pensadora, solidaria e reivindicativa, xermolo do sempre incómodo (por verdadeiro) progreso;
a displicencia institucional cara quen traballa e estudia; unha política de residencia universitaria hipotecada e insuficiente; a inexistencia de políticas activas de introducción da informática de código aberto;a presenza nos campus de empresas que practican a subcontratación, impedindo a vinculación directa dest@s trabalhador@s ca universidade, abaratando o traballo público; a utilización disfrazada de man de obra precaria, sen contrato, apelidada de “becari@” a falta xeneralizada de persoal, consecuencia de un financiamento de lixo, que colapsa intencionadamente o ensino público para abrir camiño à voracidade das políticas neoliberais de mercantilización do ensino; o acoso dos “reais colexios” e todo ese tipo de organizacións que pisotean o dereito de libre asociación dos estudiantes, dos recen formados e dos profesionais; entre outras cousas que tod@s coñecemos xa de sobra.
Un novo garrote apertará aínda máis.
Dende os corredores da alta finanza esbózase hoxe un ataque sen precedentes co obxectivo evidente de dar un golpe fatal no ensino superior público en todo o continente europeo. Os tempos da Europa solidaria e comunicativa (que creou o programa Erasmus, por exemplo) foran conducidos por xente que xa non manda. Os que mandan agora (e mandan moito!) queren un Ensino Superior de pago (e non gratuíto), exclusivo (e non universal) e motor activo da precarización capitalista (e non do progreso social). As súas contas cádranlles ben, e quen as pagará, se non se defenden, serán, como sempre, @s trabalhador@s, o estudantado.
Sindícate! Estudiantes con dereitos, traballador@s con dereitos!
Pásate polo local da CNT na Rúa Nova 103 1ºD, os Mércores de 19.30 a 21.00horas







