lahaine.org
Galiza, Nacionales Galiza :: 10/09/2025

Convocan mobilización nacional para esixir medidas que eviten outra vaga de lumes

cig.gal
‘Por un monte galego con futuro’. Santiago, 14 de setembro, dende a Alameda ás 12:00

Tras o éxito das máis de 30 concentracións celebradas por todo o país o pasado 21 de agosto contra a política forestal do Goberno galego, a plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ vén de anunciar a convocatoria dunha nova protesta, nesta ocasión para esixir a aplicación de medidas que eviten outra vaga de lumes e para reclamar un plan de choque con axudas urxentes para as persoas e as zonas afectadas polos incendios.

A plataforma reclama un plan de choque con axudas urxentes

Esta nova iniciativa da plataforma -integrada por máis de medio cento de asociacións, colectivos e organizacións, entre elas a CIG, e que naceu en 2018 para promover varias ILP de protección do bosque autóctono e de racionalización da xestión do monte e para amosar a súa oposición ao último Plan Forestal da Xunta- consiste nunha manifestación nacional que terá lugar en Santiago o vindeiro domingo 14 de setembro, con saída dende a Alameda ás 12:00 horas.

Dende a CIG fan un chamamento a participar na mobilización para forzar un cambio nas políticas forestais da Xunta e denuncia que os incendios que ano tras ano afectan o noso país son consecuencia directa do “polvorín” no que se ten convertido o monte galego pola política do PP de “entrega” do rural a “intereses especulativos” que provocan a destrución das actividades económicas produtivas que favorecen o asentamento da poboación nestas zonas.

 

Contactar con La Haine

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal