lahaine.org
Galiza :: 08/04/2009

[Fotos] Acto contra la OTAN en Vigo

La Haine
[Gal] Para chamar a atención da xente, montamos un xogo da Oca Militarista da Historia da OTAN.

O pasado sábado 4 de abril, xuntámonos unha vintena de persoas convocadas polo Espazo Aberto Antimilitar no cruce de Príncipe con Colón, comezamos ás seis da tarde e estivemos alí ata as oito.

Durante o acto repartimos trescentos panfletos sobre o aniversario da OTAN e outros trescentos sobre os Gastos Militares para o 2010 e a Obxección Fiscal aos mesmos. Panfleto contra a OTAN.

Para chamar a atención da xente, montamos un xogo da Oca Militarista da Historia da OTAN, “de OTAN a OTAN e bombardeo porque me interesa...” O xogamos dúas veces con dúas belixerantes concursantes en cada ocasión, as casillas correspondían a feitos históricos desa organización que daba lugar a gañar ou perder puntos de guerra ou puntos de morte. Para descansar entre xogo e xogo tamén montamos o quebracabezas sobre as equivalencias do gasto en armas respecto a gastos civiles, “1 portaavións corresponde a 50 hospitais ou 500 escolas”, etc.

O acto foi entretido e a xente da rúa parouse bastante a ler sobre os feitos destacados da OTAN e a interesarse polos Gastos Militares no Estado Español.

Espazo Aberto Antimilitar
www.nonaogastomilitar.org/

 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal