[Fotos] Crónica do mesa redonda "O sector forestal a debate"
O sábado 27 de febreiro celebrouse no Centro Cultural de Xinzo (Ponteareas) o 1º Foro-Mesa Redonda sobre a “Situación actual e perspectivas de futuro das comunidades de montes e do sector forestal galego”.
Ao redor de 50 persoas asistiron esta xornada, a encuitar as diferentes perspectivas dende as que se analizou o desaproveitamento dos recursos forestais, e o abandono e empobrecemento do rural, ao final tamén poidemos visitar as instalacións da nova caldeira de biomasa do Centro Cultural de Xinzo.
Os poñentes explicaron pormenorizadamente varias iniciativas, xa en funcionamento na Galiza, nas que se está a apostar polo uso dos recursos forestais; e que demostran unha total viabilidade económica, ademais de beneficios para a sociedade do rural, como a creación de postos de traballo (elemento crucial para a fixación de poboación), ou a recuperación e mantemento da milenaria relación simbiótica entre a naturaza e o ser humano.
O uso gandeiro, apostando polas razas mellor adaptadas; ou sexa, as autoctonas, como a vaca cachena, o porco celta ou o cabalo galego, a producción de mel, a fabricación de compost ou biomasa a partires de restos forestais, a recolección de cogomelos, ou a identificación e posta en valor do patrimonio etnográfico, para atraer visitantes que a súa vez impulsen a economía local, foron alguns dos proxectos expostos.
Para a posta no mercado da produción agro-forestal, o trato directo entre os productores e os consumidores, evitando intermediarios, e fomentando o consumo de productos locais, permitiríamos esquivar os tentáculos da globalización; das grandes empresas e das leis que para beneficialas establecen os estados.
Garantizaríase a boa marcha das economías rurais, sentando as bases dunha nova sociedade, preparada para poñer fin a actual sociedade do capital; a sociedade dunha mayoría pobre e unha minoría rica, a sociedade do egoismo e do individualismo, e a troque por un modelo comunal, de apoio mútuo, solidariedade e autoxestión.
¡Por un sector forestal unido, consciente, e conbativo!
¡Adiante a luita anarco-sindical!










