lahaine.org
Galiza :: 26/05/2005

Hai que botalos: máis de 30.000 descargas e chega a crítica artística de Fraga

Radio Kalimera
Informacom colada de arredemo O Grupo "Darth Vader" informa.-

Despois do éxito da estrea, con oitocentas persoas a rebordar no Teatro Principal de Santiago e as máis de trinta mil descargas do filme a través da rede, nos tres primeiros días de exposición pública, o candidato á presidencia da Xunta acaba de facer oficial a súa crítica cinematográfica das vintecatro curtametraxes que compoñen Hai que Botalos.

A xuizo do candidato, quen afirmou ter visto varias das curtametraxes, esta obra da "Xente da Incultura" dá asco e é unha inxuria persoal sistemática. Tamén calificou como "morralla" e "porquería" todo o que está saíndo (sic)".

Acompañou a súa crítica da película cunha vaga insinuación sobre as accións legais que o gabinete xurídico da Xunta estaría a estudar contra o filme e as organizacións "que alguén chamaba da cultura" que o respaldan. Pódese escoitar a crítica premendo aqui.

Rematou o comentario prometendo non inxuriar a ninguén durante a campaña electoral, en probable referencia aos colectivos gays, mulleres traballadoras, plataformas cidadás, artistas e escritores, políticos da oposición, e outras persoas e colectivos que durante dezaséis anos aturaron todo tipo de ofensas e imprecacións da súa educada e cívica boca.

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal