Imputación a Carlos Viña e 3 Gardas Civís pola morte de Diego

O Xulgado de instrucción nº 5 de A Coruña, ve indicios suficientes para a imputación e enxuizamento dos Gardas Civis participantes na “presunta detención ilegal” de Diego Viña Castro, circunstancia que desembocou na morte “violenta” do xoven no Cuartel do Instituto Armado.
O pai do falecido responderá tamén como presunto autor dun delito de “Denuncia falsa”.
A Titular do Xulgado de Instrucción nº 5 de A Coruña, ven de emitir un importante Auto de transformación do procedimento penal que se segue contra tres dos Gardas Civis implicados na “presunta” detención ilegal do xoven Diego Viña Castro o día 21 de setembro de 2004, e do proxenitor como responsabel penalmente dun “presunto” delito de Denuncia Falsa.
Segundo a Xuiza Dona Elena Pastor, “Las actuaciones de investigación practicadas revelan indicios fundados de que el imputado (s) ha tenido participación en los hechos y en consecuencia es procedente formalizar judicialmente la imputación a traves del presente Auto” (fundamento de dereito segundo do citado Auto)”,dispoñendo que “Continuése la tramitación de las presentes diligencias previas por los tramites DEL PROCEDIMIENTO ABREVIADO, POR SI LOS HECHOS IMPUTADOS A LOS AGENTES DE LA GUARDIA CIVIL CON NUMEROS PROFESIONALES (...) FUEREN CONSTITUTIVOS DE UN DELITO DE DETENCIÓN ILEGAL, Y POR SI LOS HECHOS IMPUTADOS A CARLOS VIÑA PEÑA FUEREN CONSTITUTIVOS DE UN DELITO DE ACUSACIÓN Y DENUNCIA FALSA, (...) a cuyo efecto dese traslado al Ministerio Fiscal, y en su caso, a las acusaciones particulares personadas, a fin de que en el plazo de 10 dias formulen escrito de acusación solicitando la apertura de Juicio Oral...”
La Comisión de Denuncia de Galiza e a familia do xoven falecido en extrañas circunstancias no citado Cuartel da Garda Civil de Arteixo, celebran esta boa nova, esperada dende fai catro anos.
Esta importante resolución, que recoñece a veracidade da tesis sostida pola familia dende un primeiro momento, permitirá a celebración dun xuizo publico onde se aclaren as circunstancias previas que ocasionaron a morte de Diego Viña, permitirá que se esclarezan a ollos da sociedade o que aconteceu aquela noite do 22 de setembro de 2004. Permitirá demostrar que a morte de Diego se podia evitar.
A este procedimento Penal, ahi que sumar o procedimento de Responsabilide Patrimonial iniciado a instancias da familia ante o Ministerio do Interior, en virtude da concurrencia dunha “responsabilidade obxectiva” ocasionada polo “anormal funcionamento da administración na custodia do detido”, circunstancia esta recoñecida “Tacitamente” nun anterior auto emitido polo citado Xulgado de Instrucción n 5 de A Coruña. A Comisión de Denuncia e a Familia acudirán ante a Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional, co obxecto de conseguir unha sentencia condenatoria que reproche xurídicamente as actuacións e condicións de detención practicadas polo Instituto Armado.
Ambos procedimentos, “a imputación persoal”, e “a responsabilidade patrimonial colectiva”, deixarán a vista de todos/as os/as cidadáns que neste pais ainda se deteñen a inocentes, que “as veces” se lles trata de xeito irregular, e que dia a dia hai persoas que falecen baixo custodia. Esta democracia ten unha debeda pendente con Diego Viña, coa sua familia e co resto de victimas da violencia silandeira do Estado. Ate que non rachemos esta impunidade o Estado de Direito permanecerá ao igual que Diego Viña, detido ilegalmente nunha escura cela.
A familia, e a Comisión de Denuncia da Galiza non cesará nas súas protestas e lexítimas revindicaciós, e sairá a rúa unha e outra vez ate que se faga xustiza. 1
¡¡¡¡Xustiza para Diego¡¡¡¡
1 Antecedentes.
Débese lembrar que a citada causa xudicial, nace a raíz da morte violenta de Diego Viña no cuartel da Garda Civil de Arteixo en circunstancias aínda sen esclarecer. A versión oficial descrebe o feito coma un suicidio dun rapaz de 22 anos, no calabozo do cuartel aforcado cuns pantalóns vaqueiros.
Como así se denunciou dende o primeiro momento pola familia do falecido e ao noso xuizo non quedaron acreditadas nen as causas da morte de Diego, nen os feitos acontecidos aquela aciaga noite do 22 de setembro de 2004, nen as causas da detención, nen os procedementos de resposta e actuación do corpo armado. Así, esta Comisión de Denuncia xunto coa familia, interpuxo no seu día denuncia contra os membros da Garda Civil e o proxenitor do falecido como reponsábeis directos da morte do detido.







