lahaine.org
Galiza :: 27/02/2009

Informátic@s do SIEGA readmitid@s

CNT-Compostela

Tras resolver-se o proceso xudicial, @s 4 informátic@s da sección sindical SIEGA (Informática da Consellaria de Educación da Xunta de Galicia) despedid@s o pasado Agosto seremos próximamente readmitidos como persoal laboral indefinido da Xunta de Galicia.

Esta readmisión é resultado de quedar probado:
a) que existia unha dupla CESIÓN ILEGAL de traballadores/as entre as empresas Sermicro e Informática do Corte Inglés e entre estas e a própria Xunta de Galicia.

b) que apesar de parecer o noso despedimento un claro caso de represión (como calquera compañeir@ do Siega poderia acreditar...) lembramos que só se despediu aos que denunciamos á Xunta, que ademais denunciáramos anteriormente á empresa e que formamos parte da seción sindical de CNT) o veredito xudicial, fruito do esperpéntico xuizo que tivemos, calificou-no como improcedente polo que a Xunta tivo que escoller entre indemnizar-nos ou readmitir-nos. A Xunta optou pola indemnización pero fixo-o fora de prazo, ben por torpeza ou ben polo seu próprio interese, polo que se aplica a opción demandada pol@s traballadores/as, a READMISIÓN.

Deste xeito, voltaremos ao SIEGA a traballar coa idea de seguir a luitar polos nosos direitos e os do resto de compas que desde o noso despedimento viron empeoradas as suas xa precárias condicións laborais.
Nos non cambiamos, os éxitos acadados son fruito da luita e esforzo do colectivo CNT organizado, permaneceremos firmes nas nosas conviccións anarcosindicalistas que tan bos resultados nos foron dando e seguiremos loitando por tod@s @s informátic@s.

Para dar algúns dados das consecuéncias que acarrexou a nosa luita podemos dicer que se trasformaron 4 prazas privadas en públicas, que melloran notabelmente as nosas condicións laborais, e que o binómio empresarial Sermicro-IECISA deixará de ingresar 224.266,60 euros brutos anuais á nosa costa (Expediente SXSI 14/08), co conseguinte aforro nas arcas públicas.

Finalmente, non nos queda máis que agradecer a comprensión e apoio amosados por amig@s, compañeir@s e ex-compañeir@s do SIEGA, estudantes e, por suposto, d@s brav@s militantes da Confederación Nacional do
Traballo, en especial para @s desta Federación Local de Compostela e tamén para @s do ramo informático de todo o estado... dedicamos-vos a tod@s vós os fruitos da nosa luita.

A organización é a forza... a que estás aguardando? O esforzo colectivo é sempre a mellor estratéxia para mellorar!! Organíza-te e luita!!

http://www.cntgaliza.org/?q=node/757

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal