lahaine.org
Galiza :: 10/08/2010

Por que non vou ir a Ikea

Abordaxe -revista anarquista

O seguinte texto chegounos o correo electronico xunto co enlace a galiza indymedia onde pódese descargar en formato cartaz (aquí)

POR QUE NON VOU IR A IKEA

1) Ingvar Kamprad, fundador e presidente de IKEA, é un dos homes máis ricos do mundo.

OLIGOPOLIO... NADA NOVO.

2) É coñecido o seu pasado fascista polas cartas personais dun dirixente nazi que foron publicadas despois da súa morte. Foron denunciadas tamén actitudes racistas na empresa como evitar contratar a traballadores de orixen africana. A maioría dos altos cargos da compañía son procedentes da rexión onde creceu Kamprad (o presidente e fundador).

NAZIDEMOCRACIA... NADA NOVO.

3) As condicións de traballo que arrodean a IKEA son penosas. Nos países productores (do “Terceiro Mundo”) tense denunciado casos de nenos e nenas traballando para subcontratistas de IKEA en condicións de escravitude (mesmo se lles encadenaba ás máquinas). Sen dereito á sindicación, con xornadas dunha media de 15 horas ao día (sen contar as horas extra e o horario nocturno). Moitos d*s obreir*s que viven lonxe da fábrica durmen nos seus postos de traballo para non perder tempo en desprazamentos, que lles sería descontado do salario. Son os traballadores, e non a empresa, quen corren cos gastos en seguridade médica,. A maioría das auditorías a estes subcontratistas realízaas unha empresa que pertence a IKEA. Nos países consumidores (“Primeiro Mundo”), IKEA destacou fomentando o traballo precario entre persoas xóvenes. Os empregad*s das tendas están sometidas a métodos de disciplina e control propios dos reximes totalitarios, tales como ter “informadores” que espían facilitando información aos superiores sobre o “ambiente” de cada tenda..

EXPLOTACIÓN... NADA NOVO.

4) Podemos falar tamén da imaxe de “ecoloxista” que arrodea á compañía. Unha compañía que transporta toneladas de mobles baratos a miles de kilómetros todos os días, facendo un consumo de combustible brutal. A orixe da madeira dos mobles expostos en IKEA segue sendo, na súa maior parte, de procedencia dubidosa. A estratexia de vendas implica diseñar mobles para non durar máis de dúas tempadas, acabando así co valor patrimonial do moble para convertilo nun produto de consumo (e acabando co traballo tracidional da madeira).

AGRESIONS Á NATUREZA... NADA NOVO.

Pero a razón de ser da nosa crítica non é todo o exposto ata o de agora (non é nada novo...). TODO ISTO É, DESGRACIADAMENTE ALGO AO QUE ESTAMOS ACOSTUMAD*S.

O NOVO QUE TEMOS QUE DICIR SOBRE IKEA AFÉCTACHE A TI DIRECTAMENTE: POSÍBEL CLIENTE DE IKEA, QUE PODES OU BEN IGNORAR OU NON CRER NADA DO ANTERIOR E QUE, DE TODOS XEITOS, NON TES PENSADO TRABALLAR PARA ESTA EMPRESA.

Cando toda a nosa vida xira en torno ao traballo (conseguilo, non perdelo, facelo ben...), gastar o diñeiro que gañas nel é identificado como un acto de vida. O momento no que todo “cobra sentido”. TES QUE SER FELIZ COMPRANDO: esta é a consecuencia de tal orde de cousas.

Pero ninguén está mirando agora. Xa podes borrar ese estúpido sorriso...

Hoxe os xudeus frecuentan voluntariamente os campos de concentración... e pretenden convencerse mutuamente de que son felices. Na zona Auschwitz, podes atopar unha preciosa lámpada de papel ecolóxico para iluminar o teu próximo ataque de ansiedade. No pasillo Dachau podes atopar a nosa nova mesita de café en forma de símbolo da paz onde recrear unha ilusión de amizade ante unha taza de bo café de Colombia. A nosa nova vaixela cobalto de deseño exclusivo quedará preciosa incrustada na cabeza da próxima víctima de violencia machista. Poderás perder horas de vida ata envellecer no noso sofá con fundas de quita e pon...

O culto ao fogar só garantiza que cando non esteas traballando ou comprando, sigas encerrad* e illad*. Non vas vivir experiencias excitantes aínda que te arrodees do mesmo decorado que unha serie de TV... NON PODES COMPRAR UNHA VIDA. Se odias a acomodada miseria existencial de occidente, finxir que eres feliz é inútil. O camiño para saír disto é outro.

Toda esa merda consumista non son mais que falsas promesas de felicidade. O consumo é o consolo de quen xa están mort*s, de quen non ten vida. O primeiro paso é aceitar que nos deron o palo. Timáronnos. ISTO NON É “VIVIR BEN”.

O mundo IKEA, que como un tumor penetra nas nosas vidas, está ideado para ESCRAVOS DE EXTREMA DEREITA. Para cidadáns que aman a súa miseria, que pensan que todo pensamento debe ser tolerado, toda opinión debe ser respeitada, a condición de que non teña consecuencias e te comportes como todo o mundo (EXACTAMENTE IGUAL que todo o mundo, NORMAL). IKEA prostitúeche. Quen non pode amar, refúxiase na prostitución e na pornografía. Quen non ten vida, ten o catálogo de IKEA. E así, un esquécese de vivir.

IKEA NON É O DEMO. Non ten, desde logo, a exclusividade sobre a nosa escravitude, que depende (e en maior medida) de moitas outras institucións e empresas (o Estado, a Industria da Saúde, Inditex, ...). Pero é un icono da escravitude e da miseria do noso tempo. Un icono que xenera auténtic*s fanatismos na adesión á miseria que recrea. Por iso, rexeitar abertamente o “estilo de vida IKEA” é un paso na re-apropiación de nós mesm*s, na recuperación dos nosos desexos que nos foron roubados para vendérnolos despois.

IKEA DECORA A TÚA MISERIA

REXEITA ACTIVAMENTE A FELICIDADE OBRIGATORIA

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal