Manifestación antitaurina en Pontevedra

A Coordenadora Antitouradas de Pontevedra convoca umha manifestación anti-touradas no Sábado 1 de Agosto ás 19h na praza da Peregrina da cidade. 6 pontos básicos
1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.
2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como “Cidade Antitouradas” e amiga dos animais.
4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.
6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.
CALENDARIO DE ACTOS
- Mércores 22 de Xullo de 2009: Rolda de prensa informativa (ás 12h no salón de actos do edificio dos sindicatos.)
Inicio da campaña de recollida de sinaturas e instalación de mesa na Peregrina. Asemblea da Coordenadora
- Venres 31 de Xullo ás 20h: Charla-Coloquio Antitouradas na praza da Pedreira. Con Rubén Pérez Sueiras (Galicia Mellor sen Touradas) e outra persoa por confirmar.
- Sábado 1 de Agosto de 2009 ás 19h con inicio e fin na Peregrina (Ponte Vedra). MANIFESTACIÓN CONTRA AS TOURADAS POLA RÚAS DA CIDADE
- Mércores 5 de Agosto ás 20h entre a praza de San Xosé e Peregrina: ENCIERRO-ANTITAURINO (performance colectiva)
Para mais información: info@pontevedraantitouradas.org