lahaine.org
Galiza :: 13/01/2010

Manifestación pola okupación em Compostela

Casa Encantada
Manifestación em Compostela, dia 16 de Xaneiro ás 17:00 na praza do Pan (Cervantes).

Mentres que outra xente pasa a vida traballando para poder pagar-se un sítio onde vivir.
Isto non é “un dereito”. É un privilexio de uns sobre outr@s.

Vivimos nun mundo que se rixe por unhas regras absurdas que rara vez nos cuestionamos, e cando o facemos non é mais que de xeito autocompasivo e pasaxeiro. Esas regras e leis, protexidas tanto polas armas da policía como pola “opinión pública” que xeneran os periódicos; impiden que tomemos as rendas das nosas vidas, e fannos dependentes dun sistema que nos absorbe cada día. Un sistema que separa ás persoas e as obriga a competir entre si, ao mesmo tempo que as volve mais dependentes.

Non dependentes dos demais, senón do diñeiro. Dependentes da nosa propia soidade.

Separan-nos da terra, das cousas, das outras persoas, de nós mesm@s. O cidadán ideal é unha persoa que sae de casa para traballar e comprar. Que traballa en algo moi específico e non sabe facer outra cousa. Que ten os seus desexos nas imaxes falsas que amosan os medios e internet. Que ten aos seus amigos nunha pantalla. Que cre atopar a felicidade na repetición dos chistes da TV ou de Youtube. Unha persoa despersonalizada que non crea nada xamais.

Nacemos e xa debemos dinheiro. Polo mero feito de existir. Todo o pastel está repartido, non hai ningunha parcela do mundo que non teña un título de propiedade, non hai unha casa ou unha terra que “non sexa de ninguén”. O cal é moi diferente a dicir que non hai parcela do mundo que non estea sendo utilizada. Unha grande parte do territorio (das casas, das terras) non é usada, ou é usada pola industria para alimentar un progreso a todas luces nocivo.

Vimos a un mundo que non é noso, un mundo que xa non é das persoas. Un mundo que nos foi roubado.

Este mundo é a consecuencia lóxica do desenvolvemento das regras principais da economía. Que son ben sinxelas: a propiedade e o diñeiro.

- Non lle atopamos o sentido a “ter” algo que non usas. E mais aínda cando hai alguén que o precisa. As cousas que tes son as cousas que usas.

- O diñeiro garantiza o intercambio “tanto por tanto”. É un intento de encerrar toda a complexidade das necesidades, as capacidades e desexos das persoas, nun feixe de números. Consideramos que isto remata por reducir o pensamento e por aniquilar moitas desas necesidades e capacidades e desexos. Só quedan as que son rentables. Así é como a rentabilidade nos oprime, e por iso a rechazamos.

O mantemento destas dúas regras básicas non sería posible sen o Estado, unha institución armada que garantiza o seu cumplimento, e así, o noso sometimento á dictadura da economía.

Todo isto non nos gusta. Vivimos nunha contradicción.

Non pedimos nada. Non cremos que ninguén nos teña que dar nada. Non queremos unha subvención nen un espazo do concello para facer as nosas actividades. Queremos aprender a facer as cousas doutro xeito, e na práctica. Por iso actuamos directamente contra este estado de cousas. Non reivindicamos, non reclam amos; tomamos, okupamos. Confiamos no noso critério, facemos o que temos que facer. Tomamos os espazos que non teñen un uso social (obviamente non lle vamos quitar a casa a ninguén). Tomamos os espazos que están esperando a morrer en nome da rentabilidade.

E non os okupamos para quedarnos con eles. Isto é importante. Okupámolos para xuntarnos e continuar creando a nosa vida. Para tratar de facer as cousas doutro xeito e non do modo dominante. Para abrir un espazo que pola súa propia natureza está cuestionando o mundo que non nos gusta. Ese é o encanto que nos atrae.

A okupación é unha ferramenta para recuperar un pouco da nosa vida, da vida que nos foi roubada. Okupamos para visibilizar un conflicto que pasa desapercibido pero que vivimos todos os días, para loitar contra a contradicción na que vivimos, que está aí e que goberna a nosa vida. Unha contradicción que defenden os seus beneficiários desde os seus xulgados, desde os seus parlamentos e xor nais. A pesar de que mesmo eles non parecen demasiado content@s coa súa vida, que afogan en drogas legais.

Okupamos para gañar espazo e tempo. Para ter un lugar sen a necesidade de pagar por el. Para saborear a abundancia natural do mundo, que nos rouban mediante unha guerra cotiá de baixa intensidade, para venderno-la despois. Porque existen multitude de espazos abandonados ao irracional negocio especulativo.

Cremos noutro mundo. Un mundo que construimos cada día no conflicto co outro, co que non nos deixa ser. Cremos nun mundo solidario, no que as persoas nos axudamos e apoiamos, gobernamos a nosa vida e non lle dicimos a ninguén o que ten que facer.

Somos conscientes de que non somos perfectxs, de que temos dentro de nós moita contaminación, moita merda que nos foi inculcada durante a nosa educación neste mundo vil. A educación nos roles machistas, na pasividade de espectadores, na competición e na desconfianza. Pero tamén temos clar o que todo isto non se desfai esperando sentadiñ@s. Desfai-se na práctica. Tomando o control da nosa vida e poñendo en funcionamento a nosa aletargada vontade de espectadores. Buscamos o modo de relacionar-nos de igual a igual, e de diferente a diferente. E loitamos por iso contra as relacións de poder que se dan tamén entre nós mesmas.

Non cremos que baste con okupar unha casa para desfacer todo isto. É un paso na loita pola recuperación da nosa propia vida. Okupamos para crear algo noso nun mundo alleo. Sen diñeiro, sen rentabilidade, autoxestionando aquilo que facemos. Cada quen segundo os seus desexos e capacidades, a cada quen segundo as súas necesidades.

A PROPIEDADE É O ROUBO

A TERRA PARA QUEN A TRABALLA,
A CASA PARA QUEN A HABITA

VIVA A OKUPACIÓN!


Na mañá do martes 29 de decembro, vários axentes da policía nacional presentáronse no número 17 da rúa do Pino en Compostela. Porcederon a expulsar a unha persoa que a falta doutro lugar, descansaba nese momento na casa. Foi levada á comisaría para ser identificada. Coa connivencia da policia, uns individuos que os acompañaban procederon a destrozar con mazas os baños e outras cousas da casa. Despois procederon ao tapiado da casa sen sequera permitir a retirada das cousas que estaban dentro. Todo o proceso foi executado sen previo aviso e de xeito irregular.

Os médios difaman e informan do que non saben tratando de xerar unha opinión acorde coa versión que lles interesa, falando dunha vivenda cando era tal, e outras acusacións infundadas.

Nótase que ao poder lle urxe “limpar a cidade” de toda iniciativa social autónoma que non estea circunscrita aos baleiros “centros socioculturais” do concello ou apadriñada polas súas subvencións.

Impídese pola forza o uso dun es pazo onde medraban soños, un recuncho onde se trataba de resucitar a solidariedade entre as persoas mais alá das barreiras das convencións sociais.

Só sabemos que algúns prefiren ver as casas tapiadas que cheas de vida. Nós non.

Os soños non se desaloxan.

 

Contactar con La Haine

 

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal