lahaine.org
Galiza :: 30/11/2005

Nova accom de Mulheres Transgredindo: som mulher, estou presa: eXisTo!!

Mulheres Transgredindo
Abaixo os muros das CADEAS!!

O pasado 19 de novembro Mulheres Transgredindo saiu as ruas de Compostela com uma nova accom.

+ Fotos em:

http://galiza.indymedia.org/pt/2005/11/5251.shtml

mail: mulheres(arroba)causaencantada.org
web: http://mulheres.causaencantada.org/

Comunicado de Mulheres Transgredindo perante a situación das mulleres presas:

Som MulherSom PresaEXISTO!

Mulheres Transgredindo sae de novo á rúa para ser a voz e a presenza das que non poden estar aquí, as das que foron atrapadas polas redes dos verdugos do poder, as das mulleres PRESAS.

Na cadea de Langraitz, en Nanclares de Oca (Euzkadi), mulleres presas sofriron agresións sexuais por parte de un carceleiro, só dúas mulleres se atreveron a denuncialo. Desde o momento en que o fixeron elas e as compañeiras que testemuñaron sobre os feitos, están sendo víctimas de ameazas, partes sancionadores, castigos e tortura psicolóxica por parte da dirección da prisión.

Hoxe queremos ser o espello na rúa do que se oculta nas macro-cadeas do estado:

Somos Mulleres Presas, por tanto, non somos. As invisibeis dentro da invisibilidade, as marxinadas dentro da marxinación, as pobres dentro da pobreza.

Somos 4.500 mulleres presas de entre 60.000 persoas presas. As horas de patio, o acceso ao economato, as actividades, a atención médica, ...todo, depende do que reste do tempo no que o utilicen os homes presos,que sempre son a maioría.

Somos mulleres presas e sufrimos dobremente a violencia de xénero.Mulleres acusadas de cometer un delito e que son víctimas dun maior, os cometidos polos vixiantes das prisións. ¿Quén encerra ao encerrador?

Hoxe hai concentracións en Vitoria, Madrid, Zaragoza e Compostela en apoio a estas valentes mulleres. Recentemente o Director da prisión foi ascendido no seu cargo, maneira que ten Institucións Penitenciarias de forzar a súa saída sen que signifique recoñecer a culpa, pero nós, as mulleres presas, sabemos que coñecen a culpa e aos culpabeis.

Canto máis grande é a cadea, tanto máis grande é o fracaso social, o noso propio fracaso, e nós Mulleres Transgredindo, sentíndonos responsabeis da existencia deses buracos negros da sociedade só temos unha reivindicación que facer:

ABAIXO OS MUROS DAS CADEAS!!

E, mentras non os tiramos, esiximos:

Visibilización da realidade da muller en prisión.

Indulto inmediato para todas as mulleres presas que denuncien unha agresión sexual, por ser a única forma de garantir a súa seguridade.

Desenvolvemento de políticas penitenciarias baixo unha perspectiva de xénero que contemple a creación de centros de réxime aberto, unidades independentes para mulleres e para nais, enfermerías propias con atención xinecolóxica, patios e infraestructura propias (non dependentes dos módulos masculinos), ... e un longuísimo etc que fai que compense
tirar os muros das cadeas.

Mulheres transgredindo sae de novo á rúa, esta vez con máis temor ca nunca a ser represaliadas

Hoxe, fáisenos difícil pensar que outro mundo é posible cando expresar unha idea pintándoa nunha parede pode significar ser levada PRESA pola Audiencia Nacional.

Pero tamén hoxe, pola mesma razón, sabemos que o camiño que tomamos é o correcto, que a rúa é de tod@s e qué é nela onde hai que manifestar as ideas e, se por iso, o poder estabelecido pensa que ten que votar as redes sobre nós que o faga, pero sabendo que os pensamentos non se encerran e que as voces superan os muros das cadeas.

SOM MULLERSOM PRESAEXISTO!!

 

Este sitio web utiliza 'cookies'. Si continúas navegando estás dando tu consentimiento para la aceptación de las mencionadas 'cookies' y la aceptación de nuestra política de 'cookies'.
o

La Haine - Proyecto de desobediencia informativa, acción directa y revolución social

::  [ Acerca de La Haine ]    [ Nota legal ]    Creative Commons License ::

Principal