Novo xuizo a un historiador
Este xoves, 15 de maio, terá lugar na Estrada o xuízo contra o compañeiro de Verbo Xido e xerente do Centro Etnográfico Terra de Montes, Alfredo González Ruibal. Ás 11,30 horas será a vista previa da demanda presentada pola familia do ex-alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez Torres. A sitruacion en que se atopa Alfredo Gonzalez e a mesma na que se atopa o historiador Dionisio Pereira, denunciado pola sua labor coma historiador e os que se lle quere facer retractarse dunha analise da historia baseada en datos obxetivos, un evidente caso de censura ao traballo pola recuperación da historia soterrada deste pais.
O sindicato da CNT de Pontevedra quere solidarizarse tanto con Alfredo como co historiador Dionisio Pereira. Animamos ós afiliados e á xente en xeral a acercarse o xoves á mañá ata A Estrada para amosar o apoio incondicional a estes investigadores que tanta luz están arroxando sobre o que durante tanto tempo foron tenebras. Semella que aínda queda moita xente con cousas que esconder e cousas das que arrepiarse. Pero en recordo de Xosé Otero Espasandín, José Canabal, os irmáns Quintillán Cardesín e tantos e tantos fuxidos, asasinados e represaliados, non debemos permitir que se silencie a verdade.
Aproveitamos para lembrar o número da conta solidaria aberta para axudar nos gastos de ambos procesos xudiciais: 2080-0480-11-0040118605







