Universidade Popular vite- re-inaguración do local
A Asociación de preSOS e a Fundación Sen esquencer, os presenta o programa da Universidade Popular 2011, que durante o mes de Maio xirara entorno ao gravidade do paro laboral e a súa vinculación coa exclusión social. Para elo temos organizado un vídeo forun que animará as aulas sobre esta materia. Neste mes imos con kent Loach, e as aulas iran sobre despidos, contratos dereitos etc
Aproveitamos para informaros que re-inauguramos o local no barrio de vite. Alí está en funcionamento:
- un espazo-ciber gratuíto para a rapazallada, montado con PC de reciclaxe e en sistema Linux
- o grupo laboral , comisión de mozos e mozas contra o desemprego “Formigueiro” (albanelería, electricidade, pintura etc)
- o taller de asesoramento xurídico e social (prisións, pensións, denuncias, problemática da persoa etc).
O proxecto levámolo a cabo como dende os comezos de forma autoxestionada, e estamos nun dos locais veciñais do Barrio, que amañamos e puxemos a andar logo de que permanecera anos parado.
Pese ao esforzo dos rapaces/as, a nosa presencia no barrio periga e mesmo a nosa supervivencia como colectivo, xa que os espazos e medios para estas actividades nos son vedados.
Vaia por diante que tras 20 anos de andaina e tras observar día a día este barrio ao cal regresamos e que nos viu nacer , podemos decer con tristura que todo segue igual, e que agora mais que nunca compre denunciar esta situación, compre facer algo para que a exclusión a marxinación a represión e a cadea non sexan o futuro , como o foi dos nosos amigos, irmáns e compañeiros.
Mais nada, vente a dar unha volta, Compostela tamén se fai nos barrios.







